O Club de Excelencia en Sostenibilidad publica o Informe Spain 20.20

O Club de Excelencia en Sostenibilidad publica o Informe Spain 20.20
Data
19/06/2012

O Club de Excelencia en Sostenibilidad publicou o Informe Spain 20.20, un estudo estratéxico baseado nas directrices da Axenda Dixital para Europa de cara ao ano 2020.

O Informe Spain 20.20 recolle as prioridades da Estratexia 2020 da Unión Europea no ámbito das TIC en España, na procura dun crecemento intelixente, sostible e integrador. As principais actuacións para lograr este obxectivo están relacionadas coa redución das emisións de CO2, o aforro enerxético e a creación de emprego mediante o uso das TIC.
 
O Informe Spain 20.20 estima que poderían reducirse en máis do 8,74% as emisións de CO2 e poderían crearse 218.000 novos empregos en España ata o ano 2020, mediante a implantación das TIC en novos modelos de negocio. Así mesmo, estímase que a súa implantación en diferentes ámbitos, entre eles a Administración electrónica, pode lograr un retorno de investimento de 4,38 euros por cada euro investido. Deste xeito, considérase que o aforro de custos estimado para o período 2011-2020 acadaría unha cifra neta de 601.802 millóns de euros para un investimento de 137.391 millóns de euros, o que repercutiría nun incremento medio do PIB estatal próximo ao 1%.

Descarga e consulta o informe

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades