O Concello da Coruña presenta a súa Axenda Dixital

Logo osimga
Data
11/06/2012

O Concello presenta a Axenda Dixital da Coruña como un proxecto estratéxico para potenciar o uso das TIC na economía local. Enmárcase dentro do Plan “Coruña Futura” e concrétase no proxecto específico “Smart Coruña”, que conta cun investimento total de 11 millóns de euros.

Entre os obxectivos da Axenda Dixital destacan a participación social e a colaboración institucional, coa finalidade de incorporar á poboación local, ao tecido empresarial e á Universidade da Coruña no desenvolvemento dos proxectos TIC da cidade.

Máis información na web

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades