Logo osimga
Data
28/02/2011

Así o indican os resultados da "13ª Enquisa a Usuarios de Internet (Navegantes en la Red)", unha enquisa realizada por internautas activos que dan a súa opinión a través de máis de 350 sitios web do Estado español que vén de presentar AIMC (Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación).
Redes sociais
O 60,3% dos internautas consultados conéctanse diariamente ás redes sociais. O estudo confirma o crecemento espectacular destas redes nos últimos dous anos. Facebook, utilizado polo 90% dos usuarios de redes sociais nos últimos 30 días segue a manter a súa hexemonía. Tuenti mantén a segunda posición, aínda que baixou respecto da pasada ano co 43,5% de hai un ano e o 28,6% de 2008.edición, do 30,1% ao 26,2%; e Twitter sobe á terceira posición cun ascenso de case 10 puntos porcentuais, do 12,7% ao 21,9%.
Internet no móbil
Case a metade dos internautas (49,7%) acceden a Internet por medio deste dispositivo. As actividades máis comúns que se realizan na Rede a través do teléfono móbil son a navegación e o uso do correo electrónico (81,3% e 78,7% respectivamente).
Outras actividades realizadas por Internet a través do móbil son o acceso a redes sociais, mencionado polo 53,5%, a lectura de novas (47,8%), a mensaxería (36,3%), as consultas ou transaccións bancarias (25,5%). A visualización de vídeos medrou 10 puntos en apenas un ano, pasando do 26,3% ao 37,1%, poñer fotos na Rede (23,7%) e subir vídeos (5,1%).
Os dispositivos móbiles como o teléfono móbil, a videoconsola portátil ou os ordenadores tipo tablet son cada vez máis utilizados como equipos para conectarse á Rede e a súa aceptación entre o público está a medrar considerablemente nos últimos anos. Mentres que fai tres anos o acceso diario a Internet con estes aparellos situábase no 7,7%, o pasado ano situábase no 20,8% e este ano dobrou, chegando o 44.1%
Contidos libres
Ao preguntar aos internautas polos contidos protexidos por copyright (música, filmes, software) o modelo escollido por un 54% é o acceso de balde sen cortes publicitarios, aínda que baixa máis de 7 puntos respecto ao pasado ano: o 33,2% xustifica esta elección por existir xa un “canon por copia privada”, mentres que o 20,8% cre que ademais se debería eliminar ese canon.
Doutra banda, o “acceso de balde con publicidade” e o “acceso de pago a prezos razoábeis” son as preferidas para un 24,8% e un 20,4% respectivamente. O canon cada vez é máis impopular xa que o 63% (+5.5 puntos respecto ao pasado ano) das persoas enquisadas di estar moi en desacordo.
Menor uso das Redes P2P
Confírmase a tendencia decrecente iniciada en 2007 do uso das redes P2P: 45,8% (2006), 41,3% (2007), 36,2% (2008), 26,6% (2009) e 21,4% (2010). Este cambio tan marcado débese á alta penetración que alcanzou o fenómeno de escoitar música ou ver filmes / series directamente en liña (sen descargar): un 50,7% dos entrevistados afirma ter escoitado música no último mes e un 34,6% recoñece ver algún filme/serie.
A Rede como principal fonte de actualidade
Nos últimos dous anos os entrevistados que len unicamente a versión electrónica dos xornais ascenden do 22,9% ao 32,1% e descenden máis de 6 puntos os que só len a prensa impresa pasando de 13,5% a 7,3%. No entanto, seguen sendo maioría aqueles que len ambas as dúas versións (54,8%) e moi poucos (5,6%) os que non len ningunha.
Medra a importancia que se lle concede a Internet para manterse informado da actualidade, xa que o 69,5% dos enquisados (fronte ao 64,2% rexistrado en 2009 e o 53,1% de 2008) tena como a súa fonte principal.
Medra a velocidade de Internet

Na velocidade de acceso desde casa dos internautas vemos como un 28% dispoñen de 6 'megas', mentres que os 10 'megas' dobran a súa presenza respecto ao pasado ano, ocupando o segundo lugar cun 15,8%.
Transaccións económicas na Rede
A forma máis común de realizar os pagamentos na Rede segue a ser o cartón de crédito, usado polo 78,9% dos usuarios. Doutra banda, as plataformas de pagamentos seguen á suba, cun crecemento de vinte puntos nos últimos tres anos, situándose como a segunda opción para o desembolso económico (42,4%), superando ao contra reembolso (22,5%) e as transferencias (18,4%).
A confianza na Rede ao realizar transaccións bancarias medra cada ano.O 79,5% dos enquisados ten unha alta seguridade en relación a estas operacións bancarias na Rede (+11,4 puntos que hai dous anos). Un 76,1% confían nos cartóns de crédito para realizar os seus pagamentos por Internet, 9,3% puntos máis que en 2008.
Navegadores
Aínda que nesta enquisa Internet Explorer mantén a primeira posición entre os navegadores, cae máis de 13 puntos respecto ao pasado ano (do 51,4% a 37,7%). O navegador sufriu un descenso de máis de 23 puntos porcentuais nos dous últimos anos. Mozilla Firefox ocupa a segunda posición a moi pouca distancia e xa é usado por un 36,6%. Google Chrome gaña adeptos e consolídase en terceiro lugar, situándose por riba do dobre da cota de mercado de hai un ano (7%), co 18,4%.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades