O gasto en Internet rexistra un crecemento interanual do 10% nos fogares

Logo osimga
Data
29/03/2011

A poboación de individuos de dez e máis anos de idade que accederon á Rede nalgunha ocasión sitúase nos 27,1 millóns, é dicir, un 65,8% dos internautas. A maioría deles faino con carácter de internauta habitual. Considerando aos cidadáns de 15 anos e máis, o indicador sitúase no 64,6% desta poboación, superando así os 25 millóns de persoas no terceiro trimestre de 2010. O aumento nos últimos doce meses foi superior aos 1,8 millóns de persoas
O Informe sinala que existe un aumento xeneralizado nas porcentaxes de usuarios que adoptaron diferentes precaucións de seguridade informática. Os maiores incrementos interanuais no terceiro trimestre de 2010 prodúcense no uso de chaves ou contrasinais (un 41,6% dos internautas que accederon á Rede no último mes e 3,9 puntos de incremento) .
9,5 millóns de fogares conectados a Internet
O 55,9% dos fogares do Estado está conectado a Internet, 9,5 millóns de fogares, cun incremento interanual que supera o millón de novos fogares.
O estudo do ONTSI salienta que máis de 19 millóns de usuarios de Internet son fieis á Rede posto que a utilizan desde fai máis de tres anos. No terceiro trimestre de 2010 chégase o 75,6% de usuarios durante os tres últimos anos, cun incremento do 13,5% interanual.
Respecto ao uso de Internet, dous de cada tres individuos que utilizaron Internet no últimos tres meses fixérono a diario. Ademais, 19,4 millóns de persoas de 15 e máis anos de idade usaron Internet cando menos unha vez por semana.
Gasto interanual TIC dos fogares
O gasto acumulado en servizos TIC sitúase este trimestre nos 3.463 millóns de euros. Este gasto viuse reducido nos últimos doce meses un 0,8%. Produciuse, non obstante un incremento interanual do 10% no gasto de Internet, que con 643 millóns de euros supón un 18,6% do gasto total en TIC.
Estes datos do ONTSI indican que o 68% dos fogares dispón de ordenador, que encabeza a lista de equipamento TIC, seguido pola cámara de fotos dixital (66,4%) e o DVD (57,5%). A TFT/Plasma/led, duplicou a súa presenza nos fogares españois durante os últimos dous anos. No terceiro trimestre de 2010, o 47,8% dos fogares dispón de televisores de plasma, TFT ou led cun elevado incremento desde o 24,4% dous anos atrás.
Máis de 27 millóns de cidadáns españois de 10 e máis anos utilizaron Internet nalgunha ocasión, segundo a XXIX vaga do “Panel de Fogares”.
Nove de cada dez fogares dispoñen de teléfono móbil
O Informe sinala que no terceiro trimestre do ano 2010, o 90,5% dos fogares dispón dalgún teléfono móbil, superando así a cifra de 15,3 millóns de fogares.
Doutra banda, durante o terceiro trimestre de 2010 o 83,4% dos usuarios de teléfono móbil dispoñen dun terminal con cámara de fotos e o 57,7% deles utilízana.
Uso da e-Administración
Segundo os datos do ONTSI, 9,3 millóns de persoas de 15 ou máis anos de idade contactaron coa e-Administración (xeral, autonómica ou local) nalgunha ocasión a través de Internet, para realizar consultas, descargar formularios e complementar algún trámite con interactividade.
Entre as consultas que experimentaron incremento anual en porcentaxe de usuarios, os aumentos máis importantes foron os dos servizos sanitarios e os documentos persoais, con 14 e 6 puntos porcentuais de incremento respectivamente
Por último, o 45% dos internautas que contactaron coa e-Administración fixoo para realizar algún pagamento de impostos, o que supón unha suba de máis de 4 puntos porcentuais no último ano.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades