O INE achega os principais resultados do estudo sobre os indicadores do sector TIC do ano 2010, conformado polas industrias manufactureiras e de servizos que teñen como actividade principal o desenvolvemento, produción, comercialización e uso intensivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
Os datos económicos do sector TIC para o ano 2010 facilitados polo INE indican que o número de empresas incrementouse nun 3,3% dende 2009, o que supón 1.373 entidades máis durante este período. A cifra de negocios reduciuse un 0,7%, situándose no 2010 en 91.427 millóns de euros.
O 41,6% das empresas TIC realizaron actividades innovadoras no ano 2010, sendo o sector manufactureiro o que destina un 63,3% dos seus gastos á innovación e o sector servizos o 39,6% respectivamente.
Poden consultarse estes e outros indicadores TIC na web do INE