A Universitat Autónoma de Barcelona (UAB) e aulaPlaneta presentan o estudo “A integración das TIC e os libros dixitais na educación”, que analiza a dotación de recursos tecnolóxicos nos centros educativos e a actitude do profesorado no uso das TIC e dos libros de texto en formato dixital.
A integración da tecnoloxía nas aulas de Primaria e Secundaria, así como os seus efectos no modelo educativo está valorada dun xeito positivo polos docentes. Un 27% do profesorado utiliza recursos tecnolóxicos en máis do 25% das clases impartidas.
O estudo considera que a práctica totalidade dos centros educativos do Estado dispoñen de conexión a Internet e máis do 85% contan con unha conexión de Banda Larga. No curso escolar 2011 – 2012 estimouse unha ratio de 7 alumnos por ordenador con conexión a Internet nas aulas do conxunto estatal, a metade da media europea (14) e só superada por Dinamarca (4), Noruega (4) e Suecia (2).
Neste mesmo curso, a media de alumnos por pizarra electrónica situouse en 43, fronte aos 111 da media europea. Un 82% dos alumnos estudan en centros con Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA), en relación ao 61% da media europea.
En termos xerais, existe a convicción de que o libro de texto convencional en papel, como soporte principal da actividade docente, será substituído polo dixital. Máis da metade do profesorado considera que esta transición será inminente ou a curto prazo debido á crise económica, o 57% dos mestres enquisados, e só o 4% considera que estamos a falar dunha substitución inviable.
Pode consultarse o informe na seguinte ligazón:
http://www.aulaplaneta.com/descargas/aulaPlaneta_Dossier-estudio-TIC.pdf