O mercado estatal da banda larga diminúe por primeira vez

O mercado estatal da banda larga diminúe por primeira vez
Data
13/09/2011

Unha parte importante deste retroceso débese á perda de liñas de xDSL rexistrada por Telefónica, que en xullo cedeu 46.000 clientes desta tecnoloxía, cifra que non puido ser compensada polo avance dos alternativos (+34.000 altas netas). Telefónica, no entanto, apuntouse 12.000 novos clientes de fibra óptica até o fogar, o que elevou parque total de liñas de FTTH até os 113.259 accesos activos. Pola súa banda, o segmento almacenista presentou un incremento nas modalidades de acceso indirecto (+11.170) e nos bucles desagregados (+22.810), que entre ambos xa representan o 30,7% das liñas finais de banda ancha.

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

A telefonía fixa seguiu rexistrando perdas en ambos os dous segmentos, tanto no residencial coma o de negocios, e en xullo déronse de baixa 64.693 liñas que se suman ás máis de 300.000 do acumulado anual.
En cambio, a portabilidade fixa seguiu mostrando uns números elevados e 154.297 usuarios mudaron de operadora ao longo do mes.
Os móbiles gañaron 466.000 liñas en xullo, o crecemento máis alto dos últimos tres anos
A telefonía móbil medrou en xullo por terceiro mes consecutivo e sumou 466.010 altas netas, unha cifra non vista desde xaneiro de 2008. O dato de xullo elevou o parque de liñas móbiles até os 55,73 millóns cunha penetración de 118,5 liñas por cada 100 habitantes. As liñas de postpagamento ou contrato sumaron 86.872 altas netas, aínda que foron o segmento prepagamento (+247.652 liñas) e os accesos de banda larga móbil (+131.486) os que lideraron os ascensos.
En canto á portabilidade móbil, un total de 482.407 usuarios cambiaron de operadora. Unha cifra que supón o cuarto mellor rexistro da historia e un aumento da 19,9% fronte ao mesmo mes do ano anterior.
Nota mensual de xullo

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades