Por tipo de servizos, os ingresos en servizos finais sumaron uns ingresos de 7.905 millóns de euros, cunha caída interanual do 4,2%, mentres que os servizos almacenistas apuntáronse uns ingresos de 1.472 millóns de euros, un 3,3% interanual menos. A pesar dos descensos xerais, a banda larga mostra mellores cifras: ingresos totais de 962,58 millóns de euros (2 millóns de euros máis que no trimestre anterior, aínda que cun descenso interanual do 1,8% ) e datacards que seguen en aumento (case 3 millóns e medio xa neste segundo trimestre).
Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
Telefonía fixa
A telefonía fixa foi o sector que sufriu un retroceso máis severo na súa facturación trimestral (1.322 millóns), cunha caída do 10,5%. Boa parte deste descenso estivo motivado pola caída dos ingresos por tráfico, que se reduciron nun 11,8% até os 642,27 millóns de euros.
- Cursáronse un total de 16.304,28 millóns de minutos, un 2,3% menos.
- O número de liñas en servizo seguiu á baixa: 19.730.489 liñas (cun descenso anual de 300.000 liñas) e unha taxa de penetración de 42 liñas/100 habitantes.
- O ingreso medio por liña en servizo caeu un 9,1%, até os 67,03 euros/liña/trimestre. Pola súa banda, o ingreso medio da telefonía fixa (unha aproximación ao prezo medio destes servizos) no período foi de 3,94 céntimos de euros por minuto, o que supón unha caída do 9,6%.
- En canto ás liñas en servizo e cotas de mercado por segmento, Telefónica rexistrou o 66,7% do total de liñas fixas, 4 puntos e un millón de liñas menos que no mesmo período de 2010.
Telefonía móbil
A telefonía móbil tamén retardou a súa caída, cun descenso do 3,6%, até os 3.381,82 millóns de euros, un descenso similar ao rexistrado noutros trimestres de 2010. Mentres baixan os ingresos de voz (-12,5% interanual) e os referidos ao SMS (-7,2% interanual), os ingresos por datos aumentaron o 22,3%, en especial os de acceso a Internet móbil.
- O parque de liñas móbiles medrou nun ano en máis de 830.000 novas liñas. No II trimestre de 2011 chegouse aos 51.751.668 de liñas.
- Enviáronse 2.093,85 millóns de mensaxes SMS, un 2,5% menos que o ano anterior. Aínda que en total os ingresos por mensaxes curtas perden un 7,2% interanual, os ingresos referidos exclusivamente aos servizos de tarificación adicional aumentan a súa facturación en case un 24%.
- As datacards (banda larga móbil dedicada) lideraron as ganancias (+47,5%) até un total de 3,497 millóns de liñas de banda larga móbil.
- As liñas asociadas a máquinas (M2M) chegaron até os 2.417.140 de liñas, aumentando un 24,5% interanual.
- A pesar das caídas nos ingresos, o tráfico nas redes móbiles seguiu aumentando até os 18.457,91 millóns de minutos, un 3,1% máis.
- Os prezos (medidos como ingreso medio por minuto) rexistraron tamén descensos. O ingreso medio por minuto situouse en 13,39 céntimos de euros/minuto, un 10,9% menos, cifra que marca un novo mínimo na historia das comunicacións móbiles, e que reflicte a crecente presión competitiva.
Banda larga
A pesar do aumento do parque de liñas de banda larga nun 6,5% en último ano, os ingresos derivados dos servizos de Internet diminuíron o -1,8%, situándose en 962,58 millóns de euros.
- Alcanzáronse un total de 10,79 millóns de conexións de banda larga en xuño de 2011, cifra que supón unha penetración de 22,95 liñas/100 habitantes.
- En canto á repartición por velocidades a finais de xuño, case un 40% das liñas de acceso dedicado situábanse entre os 10 mb/s e os 20 mb/s