O número de empregados do sector das telecomunicacións no terceiro trimestre de 2011 foi de 68.746 persoas, un 2,5 % menos que en 2010

Logo osimga
Data
28/12/2011

ine
11.9999

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Mentres que os ingresos do comercio polo miúdo -do usuario final- caeron un 4,9 % interanual até os 7.668,01 millóns de euros (un 2,7 % menos que no segundo trimestre de 2011), os almacenistas -entre operadores- descenderon un 3,9 % até os 1.531,91 millóns (un 3,2 % máis que no trimestre precedente). 
A banda ancha rexistrou un "mínimo crecemento" do 0,1 %, até os 960,82 millóns de euros, con respecto ao mesmo período do ano anterior. Con todo, comparado co segundo trimestre, os ingresos descenderon un 0,05 %. 
A CMT resalta que o número total de liñas de banda larga situouse nos 10,93 millóns (un 5,3 % máis que no terceiro trimestre de 2010), das cales o 54,2 % situábanse no rango de velocidade de entre 4 e 10 megas. 
A maior caída do sector sufriuna a telefonía fixa, un 8,6 % con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, até sumar ingresos por 1.295 millóns de euros. O descenso en comparación co segundo trimestre de 2011 foi do 2,07 %. Pola súa banda, a telefonía móbil facturou 3.451 millóns de euros, un 3,76 % menos que no terceiro trimestre de 2010, mentres que a comparación co período que vai de abril a xuño de 2011 a variación foi dun 3,4 % máis. 
A Comisión afirma que os ingresos relativos ao negocio de prepagamento descenderon un 10,3 % interanual e os ligados a contratos, un 2,5 %, mentres que os ligados ao tráfico de datos subiron un 26 %. Nun momento óptimo para os servizos gratuítos de mensaxería instantánea, a facturación por mensaxes curtas decreceu un 11,8 % con respecto ao terceiro trimestre de 2010. 
O informe tamén indica que o mercado audiovisual ingresou 1.388,06 millóns de euros, o que supuxo un crecemento interanual do 3,3 %, pero matiza que a cifra positiva débese ás subvencións recibidas e non á facturación do negocio. Entre xullo e setembro, o número de abonados á televisión de pago subiu un 5 % até os 4,4 millóns. 
O número de empregados do sector das telecomunicacións no terceiro trimestre de 2011 foi de 68.746 persoas, un 2,5 % menos que no mesmo período de 2010 e un 1,08 % menos que no segundo trimestre deste ano.
'Estadísticas del sector. III Trimestre de 2011' (CMT)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades