O número de internautas duplicouse en Europa nos últimos cinco anos

Logo osimga
Data
14/12/2011

Franois Vermeulen
11.9999

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Segundo os datos que proporciona Eurostat, o número de usuarios de Internet entre 16 e 74 anos duplicouse en Europa no últimos cinco anos, de xeito que, nese período, a porcentaxe daqueles que nunca entran na Rede pasou do 42% a 24%. Cómpre lembrar que o obxectivo da Axenda Dixital Europa é deixar esa cifra no 15% en 2015.
Unha cuarta parte dos europeos vive á marxe de Internet, aínda que esta cifra diminúe aceleradamente nos últimos anos. Mentres Holanda, Luxemburgo, Suecia e Dinamarca sobordan o 90% da poboación que entra habitualmente en Internet, Bulgaria, Romanía e Grecia apenas rozan o 50%. Os mesmos contrastes danse en canto ás conexións de alta velocidade. Suecia, Dinamarca, Holanda, Reino Unido e Finlandia teñen Internet de banda larga en máis do 80% e Romanía, Bulgaria e Grecia, por baixo do 50%.
Os datos de Eurostat tamén reflicten a frecuencia coa que os internautas encargan bens ou servizos en liña, fan trámites administrativos ou consultan información dos poderes públicos.
Aumenta o uso de Internet en Europa para contactar coas administracións públicas e, nos últimos doce meses, case a metade dos cidadáns usaron a Rede para conseguir información, aínda que só un 28% completa as súas xestións en liña.
Segundo Eurostat, tamén medran as compras por Internet. O comercio electrónico xa é habitual para un 58% dous internautas europeos, sobre todo en Reino Unido, Dinamarca, Alemaña e Suecia.
En España, o número de usuarios de Internet pasou do 39% en 2006 ao 64% en 2011 e as conexións de banda larga aumentaron desde o 29% até o 62%. Non obstante o 29% dos cidadáns de entre 16 e 74 anos nunca se conectou a Internet, unha proporción que supera en cinco puntos á media da UE (24%).
España tamén se atopa por baixo da media UE-27 de fogares que teñen acceso a Internet e nos que teñen conexión de banda larga. O 64 % dos fogares do conxunto do Estado dispón de Internet, e a 62 % conta con conexión de alta velocidade, fronte ao 73 % e o 68 % dos fogares da UE, respectivamente. No entanto, estes indicadores tamén rexistraron unha melloría importante entre 2006 e 2011, xa que tanto en España como nos Veitisiete as conexións normais aumentaron máis dun 50 %, mentres que as de banda larga duplicáronse en ambos os casos.
O 39 %dos cidadáns españois que se conectou a Internet, durante 2011, adquiriu algún produto ou servizo, unha porcentaxe que na UE foi do 58 %.
O 54 % dos internautas españois entrou na web dalgunha administración pública, fronte ao 48 % dos enquisados na UE. Así mesmo, en España o 25% cumprimentou algún documento oficial en liña fronte ao 28 % do conxunto de Europa.
 Internet access and use in 2011

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades