O observatorio da sociedade da información incorpora unha nova ferramenta que simplifica o acceso aos datos estatísticos

power bi
Data
24/07/2024
Localización
Galicia
Temática


 

  • O portal do Osimga xa dispón dun cadro de mando con Business intelligence que ofrece a información máis actualizada e completa sobre dixitalización en Galicia
  • Esta nova ferramenta permite personalizar as consultas, acceder ao histórico de datos, xerar gráficas e visualizar mapas sobre a dixitalización por provincias 
  • Facilita unha actualización inmediata das estatísticas da sociedade dixital e aberta a todo o público

O Observatorio da Sociedade da Información de Galicia (Osimga) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xa conta cunha nova ferramenta que facilita as consultas sobre as estatísticas de dixitalización que publica periódicamente a través de informes e estudos para a avaliar a penetración das TIC na Comunidade.

Grazas á aplicación de tecnoloxías baseadas en Business Intelligence, os usuarios poderán acceder desde o portal do Osimga, a un cadro de mando que permite personalizar as consultas; seleccionar os anos da serie histórica que se desexen visualizar e presentar un ou varios indicadores simultaneamente na mesma gráfica. Tamén permite modificar diferentes características do aspecto das gráficas.

Grazas á versatilidade da nova ferramenta de difusión, as actualizacións dos datos estatísticos da sociedade dixital iranse aplicando de forma inmediata, cando estean dispoñibles. Ademais, o cadro de mando permite a consulta das series históricas antigas, e que se irán ampliando ano a ano. 

Os datos que conten con desagregación a nivel provincial, tamén poden ser visualizados a través de mapas dinámicos integrados no propio cadro de mando.

O novo cadro de mando conta, tamén, cun apartado de resumo dos datos máis destacados e acceso á metodoloxía, fontes de datos e ao proxecto técnico que se aprobou, así como ao plan estatístico anual e á Lei de Estatística de Galicia.

Todas as funcionalidades descritas están xa dispoñibles en OSIMGA.GAL, nun apartado específico na web denominado Cadro de Mando.


 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades