A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica clausurou hoxe a presentación do informe Galicia Sociedade Dixital, elaborado pola Fundación Telefónica. A responsable do departamento autonómico indicou que os último datos da sociedade da información referidos a Galicia indican que “avanzamos pero somos conscientes de que a posición de Galicia con respecto ao resto de comunidades non é a desexada”. “Por iso, a pesar das restricións económicas, estamos convencidos de que investir nas TIC redundará nunha mellora a nivel económico e produtivo para Galicia”, sinalou. Neste sentido, destacou o esforzo que se está a realizar para dotar a Galicia das infraestruturas de telecomunicacións que garantan o acceso igualitario ás novas tecnoloxías e permita a toda a sociedade galega aproveitar os beneficios e oportunidades que derivan do seu uso.
MTAS
11.9999
Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
st1\:*{behavior:url(#ieooui) }
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
A secretaria xeral de Modernización destacou que o Plan de Banda Larga da Xunta reduciu nun 41%, desde a súa posta en marcha a mediados de 2010, a porcentaxe de galegos sen acceso á Rede. A última acción do Plan que se realizará en colaboración con Telefónica e que foi aprobada en Consello da Xunta este mes, permitirá dotar de cobertura a máis de 11.000 núcleos e a 250.000 galegos do rural. Na quinta das seis accións previstas no Plan o operador vai empregar a tecnoloxía 3G na banda de 900 Mhz..A secretaria xeral sinalou que “as previsións que manexan os operadores indican que en 2014 o maior volume de acceso a Internet provirá dos dispositivos móbiles e temos que estar preparados para estas novas necesidades e servizos”.
A responsable de Modernización salientou tamén a recente posta en marcha da Sede electrónica da Xunta de Galicia como punto de acceso único a toda a Administración a través da Rede. A Sede ofrecerá aos cidadáns, de xeito progresivo, a mesma información e os mesmos servizos que teñen á agora súa disposición en calquera das xanelas das consellerías.
No eido da Educación, dixo que, coa posta en marcha do proxecto Abalar, ”estamos consolidando os centros de ensino tradicionais como centros educativos dixitais. Este curso chegaremos a 1.500 aulas, 31.500 alumnos e 340 centros educativos.”
Na clausura do acto lembrouse, ademais, que a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica conta xa con 98 aulas repartidas en 92 concellos e formarán de xeito gratuíto en 2011 a 12.000 usuarios.