O Software Libre experimentou un crecemento de 30 puntos nas empresas galegas de 10 a 249 empregados/as con respecto ao ano 2008

Logo osimga
Data
15/09/2011

v\:* {behavior:url(#default#VML);}
o\:* {behavior:url(#default#VML);}
w\:* {behavior:url(#default#VML);}
.shape {behavior:url(#default#VML);}

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O estudo foi elaborado polo OSIMGA, en colaboración coa Oficina de Coordinación FLOSS, no marco da encomenda realizada pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica á Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este proxecto forma parte das iniciativas impulsadas pola Axenda Dixital 2014.gal da Xunta de Galicia.
A finalidade desta investigación é obter información, elementos de diagnóstico, determinación de necesidades, prospectiva, seguemento e avaliación que permitan determinar a situación e a evolución dos indicadores da Sociedade da Información no relativo ao Software Libre entre o tecido empresarial galego.

O traballo de campo contou coa realización de 412 enquisas entre as empresas de 10 a 249 asalariados/as. Estas enquisas teñen como período de referencia a totalidade do ano 2010.
O informe analiza o grao de penetración do Software Libre e do Software Propietario segundo as características das empresas e o seu aloxamento en ordenadores e/ou servidores. Analízanse tamén as motivacións e perspectivas das entidades que non utilizan o Software Libre, ofrecendo ademais unha perspectiva Xeral das empresas sobre o Software Libre.

Principais indicadores sobre o Software Libre nas empresas de Galicia
O informe revela que o 63,6% das empresas de Galicia dispón de Software Libre, principalmente nos ordenadores (63,2%), e por riba dun terzo (36,5%) nos servidores. O Software Libre nas empresas de 10 a 249 empregados/as experimentou un crecemento de 30 puntos con respecto ao ano 2008 e de 53,5 puntos porcentuais con respecto ao ano 2006.

En canto ao equipamento, todas as empresas enquisadas dispoñen de ordenadores, mentres que a presenza dos servidores chega ao 83%. A media de ordenadores por empresa ascende a 13,3 equipos, moi por riba da media de servidores dispoñibles que é de 2,1.

O uso de sistemas operativos libres nos ordenadores triplicouse dende o 2008, cun 25,3% de empresas que os empregan na actualidade e duplicouse no caso dos servidores cun 26,8% de empresas. Estes datos acompáñanse dun descenso no uso de sistemas operativos propietarios tanto en ordenadores como en servidores de 6 e 8.8 puntos porcentuais respectivamente.
O uso de aplicacións libres presenta igualmente unha tendencia moi positiva, cun 42,4% de empresas que usan aplicacións libres nos ordenadores e un 34,3% nos servidores o que supón un aumento de 12,6 e 15,1 puntos respectivamente, acompañados dun descenso no uso de aplicacións propietarias de 16,7 e 12 puntos porcentuais respectivamente

As aplicacións de software libre con maior presenza nas empresas de 10 a 249 empregados/as son os navegadores de Internet (40,1%), as ofimáticas (28,8%), e o xestor de correo (27,9%).

O nivel de satisfacción co uso do software libre segue a ser notable, cun 6.9 nunha escala de 0 a 10, aínda que sufriu un descenso dun punto respecto do ano 2008. Isto pode ser debido probablemente aos efectos do cambio de aplicacións en contornos de traballo.

Para o 26,7% das empresas galegas deste segmento o uso do Software Libre manterase igual nos próximos anos nos ordenadores, e un 24,4% opina que o emprego do Software Libre será o mesmo nos servidores.

O 36,5% das empresas entrevistadas non utilizan Software Libre. Entre as empresas que non utilizan Software Libre, o 61,6% non prevé o seu uso futuro, aínda que un 8,7% o podería facer en máis de dous anos. O 35,0% das empresas que non usan Software Libre considera que usalo sería beneficioso para elas.

O principal motivo aducido polas empresas que non utilizan Software Libre segue a ser o descoñecemento, representando un 38,8% das empresas de 100 a 249 traballadores/as. aínda que esta barreira reduciuse considerablemente nos últimos anos pasando do 65,3% ao 38,8% de empresas, aumentando paralelamente os motivos de falta de formación, o risco do cambio ou a falta de provedores ou soporte. É dicir, afloran motivos de carácter máis técnico logo da primeira aproximación das empresas ao software libre.

Un dato interesante é que só un 15,4% de empresas recibiron accións comerciais sobre software libre o que pode explicar que as empresas teñan a sensación de falta de provedores.

O 53,4% das empresas galegas opina que o uso do Software Libre experimentará un incremento no mercado en xeral. O 58,2% delas valora positivamente os produtos de Software Libre e o 13,5% prevé realizar un futuro desenvolvemento de software.

As accións máis valoradas para promover o Software Libre no tecido  empresarial son, entre outras, a demostración do funcionamento de produtos deste tipo  (50,1%), as axudas e subvencións (49,1%) e a formación aos usuarios en Software Libre (40,5%), liñas que están xa recollidas no Plan de Acción FLOSS da Xunta de Galicia.

En conclusión, o mercado do software libre en Galicia está madurando, deixando as súas primeiras fases de achegamento e difusión, comezando as empresas galegas a ser conscientes das súas vantaxes e a confiar nel empregándoo nas súas aplicacións de uso habitual e nos seus servidores. Mais aínda queda traballo por facer, xa que non se senten seguras co seu uso principalmente pola falta de formación, soporte, así como pola dependencia tecnolóxica con outras aplicacións actuais.

Todos os informes e documentos do OSIMGA distribúense libremente na Rede baixo licenza Creative commons e están dispoñibles na web do Observatorio:  www.osimga.gal
 
Resumo executivo (pdf, 3,26 MB)
Descargar informe completo (pdf, 3,18 MB)
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades