Título: OCDE: desarrollo de la Sociedad de la Información en España: Evaluaciones clave y propuestas de acción
Data: maio 2012
A OCDE elaborou un estudo estratéxico no que se analizan dúas áreas crave no desenvolvemento da Sociedade da Información en España: as infraestruturas de telecomunicacións e a Administración electrónica. Segundo recoñece o estudo, España xa tomou varias medidas encamiñadas a mellorar as súas infraestruturas de comunicacións. Por exemplo, destaca a adopción dun enfoque ambicioso en aras de garantir a dispoñibilidade da banda ancha, por medio da inclusión do servizo de banda ancha de 1 Mbps nas obrigacións de servizo universal.
Doutra banda, o informe valora positivamente varias das iniciativas en materia de espectro radioeléctrico e de infraestruturas comúns de telecomunicacións (ICTs) para edificios. Non en balde, España licitou un total de 310 MHz de espectro radioeléctrico para comunicacións electrónicas, do que obtivo ingresos públicos da orde de 2.000 millóns de euros.
Na aplicación do TIC á Administración Pública, España puxo en funcionamento un elevado número de servizos públicos en liña, pero, segundo a OCDE, necesita materializar medidas efectivas para promover un maior uso dos mesmos e así rendibilizar os investimentos efectuados.
O estudo conclúe cunhas propostas de recomendacións e liñas de acción para o futuro co fin de cumprir cos obxectivos da Axenda Dixital para Europa, en particular a conectividad de banda larga e o logro dunha Administración Pública eficaz e efectiva en todos os niveis de goberno, alcanzando unha "Administración sen papeis" antes de 2015.