The Organisation for Economic Cooperation and Development (OECD) estableceu a finais do ano 2011 unha clasificación dos principais mercados de banda larga a nivel mundial.
Este organismo internacional sitúa a España no posto número 5 do ranking de contratación de liñas de banda larga móbil, contabilizando un total de 30.254.282 de contratos en decembro de 2011. Esta cifra veuse superada unicamente polo Reino Unido, Korea, Xapón e os Estados Unidos. Este último mercado ocupa o primeiro posto da clasificación, con máis de 235 millóns de contratos.
En España estímase que existen 65,7 liñas por cada 100 habitantes segundo fontes gobernamentais. Esta ratio outorga ao Estado o posto número 11 do ranking da OECD.
No tocante á contratación de banda larga fixa, a OECD estima que existen 11.289.980 liñas contratadas, situando a España no posto número 9, cunha ratio de 24,5 liñas por cada 100 habitantes.
Poden consultarse as táboas de datos completas no portal de banda larga da OECD na seguinte ligazón