España aparece por vez primeira na lista dos mercados mundiais que ofrecen un maior atractivo para o comercio electrónico, segundo o informe que elabora anualmente a consultora A.T. Kearney, titulado “The 2015 Global Retail E-Commerce Index”.
Este ranking está encabezado por Estados Unidos, que consigue unha nota de 79,3 puntos sobre 100 no índice que realiza A.T. Kearney tendo en conta catro factores: o tamaño do mercado online de cada país, o comportamento dos consumidores, o potencial de crecemento de cada mercado e a situación das infraestruturas que facilitan o comercio electrónico.
O segundo posto no ranking é para China, país que ocupara a primeira posición o pasado ano. O terceiro mercado máis atractivo para o comercio electrónico é o Reino Unido, seguido de Xapón e Alemaña.
España, que non aparecía no ranking no 2014, irrumpe con forza e ascende ata o posto número 18, por detrás de Holanda, Dinamarca, Suecia e México e por diante de países como Chile, Noruega, Brasil, Italia ou Suiza, entre outros.
Además os expertos de A.T. Kearney, mostran os datos do comercio electrónico nos ultimos años, en volumen de dólares e en crecemento interanual. Así como unha previsión da tendencia ata o 2018, onde se espera que alcance os 1.500 millóns de dólares.