Os libros editados en formato dixital ascenden un 37,5%, facturando 70,5 millóns de euros en 2010

Os libros editados en formato dixital ascenden un 37,5%, facturando 70,5 millóns de euros en 2010
Data
23/11/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O volume de negocio da industria española de contidos dixitais alcanzou os 9.630 millóns de euros en 2010, un 1% máis que en 2009. Este dato constata segundo a AMETIC que en 2010 se produciu unha “tímida recuperación da industria de contidos dixitais, tras un ano, 2009, no que a crise económica provocou a maior caída do sector dos últimos anos”. Gran parte dos sectores recuperaron os números negros, axudados pola recuperación do consumo e polo impulso nas vendas dos novos dispositivos de reprodución.
A cuarta edición deste informe, elaborado coas achegas do Foro de Contidos Dixitais, formado por expertos dos principais actores das Industrias Cultural e TIC, analiza polo miúdo os principais indicadores que permiten seguir a evolución dos diversos mercados que conforman o universo dixital: Música, Cinema e Vídeo, Videoxogos, Televisión, Redes Sociais, Publicidade Interactiva, Prensa Dixital e Sector Editorial. Como novidade, nesta edición analízanse as aplicacións para dispositivos móbiles, mercado que comezou a cobrar gran relevancia en 2010 e 2011. Así mesmo, o informe dedica un capítulo ao estudo da xestión dos dereitos de propiedade intelectual en España e outro á problemática existente para a creación dun mercado dixital único europeo que permita a apertura no acceso aos contidos.
Por mercados
A evolución dos diversos segmentos que forman parte da industria de contidos foi moi dispar. No mercado da música cabe destacar que a distribución dixital de música alcanzou os 41,2 millóns de euros, que representa un crecemento do 19,8% respecto de 2009. Así mesmo, produciuse a maior caída da historia no ámbito físico (un 20,7% menos até os 137 millóns de euros). Especialmente relevantes foron os ingresos por subscricións a servizos de streaming (11,7 millóns de euros) e por publicidade a servizos de streaming de balde para os usuarios (10 millóns de euros). Pola súa banda, os ingresos por distribución en liña por música representaron en 2010 o 23% do mercado discográfico, achegándose á media mundial: 29%.
O cinema experimentou un lixeiro descenso, motivado segundo AMETIC pola crise do sector cinematográfico español. Facturou un total de 662 millóns de euros, un 1,3% menos. No ámbito do vídeo a alta definición, conseguiu frear os constantes descensos dos últimos anos. Concretamente, o número de películas en alta definición supera os 1,5 millóns de euros, cun incremento do 50,4%.
Os modelos tradicionais no mercado dos videoxogos para AMETIC seguen “inmersos na espiral descendente iniciada en 2009”. Os ingresos por venda de videoxogos en soporte físico alcanzaron os 631 millóns de euros, un 1,1% menos que o exercicio anterior. No entanto, houbo importantes incrementos en xogos para dispositivos móbiles e xogos na Rede, alcanzando unha cifra de negocio superior aos 360 millóns de euros, un 10,3%.
O segmento da televisión completou en 2010 a transición á TDT e viu unha tímida recuperación do investimento publicitario, que repercutiu principalmente nos axentes privados, tras a desaparición da publicidade en RTVE. O feito máis destacado, xunto co aumento dos ingresos por subscricións a servizos de televisión de pagamento (1.431 millóns de euros, un 3,9% superior), foi o notable incremento das vendas de televisores, impulsada pola nova tecnoloxía LED (3.319 millóns de euros, un 31,2 máis) e por eventos televisivos de especial interese, como o Mundial de Fútbol de Sudáfrica.
As redes sociais continúan incrementando tanto o número de usuarios como os ingresos. En relación ao número de usuarios, o conxunto do Estado contou en 2010 con 10,1 millóns de usuarios, o que supuxo unha penetración aproximada do 43 por cen respecto ao número de internautas, situandose por riba da media europea. Profundando, pódese comprobar que o acceso a redes sociais a través de dispositivos móbiles rexistrou un significativo aumento, xa que durante 2010 un 82% dos usuarios de Internet móbil accedeu ás redes sociais a través destes dispositivos mentres que en 2009 a porcentaxe foi de 49%.
A publicidade en Internet continúa medrando a ritmos de dous díxitos: un 20,7% máis até os 789,5 millóns de euros, achegándose á posición que ocupan os diarios como segundo soporte con maior investimento publicitario. A prensa experimentou en 2010 novos descensos nos seus modelos de negocio tradicionais, até alcanzar os 1.950 millóns de euros, un 4,3% inferior.

Por último, no relativo ao libro tanto as vendas de dispositivos como as vendas de libros en formato dixital medran a ritmos importantes, no que parece ser o despegamento definitivo do libro dixital. Concretamente, a facturación por venda de libros alcanzou os 3.348 millóns de euros (-5,7%) mentres que os libros editados en formato dixital rexistraron un ascenso do 37,5% cunha cifra total de 70,5 millóns de euros.
O segmento de aplicacións para dispositivos móbiles é moi recente, posto que comezou a ter relevancia económica en 2008. No entanto, en 2010 e 2011 constatouse un espectacular crecemento. Pola súa banda, a crecente penetración dos dispositivos móbiles avanzados (smartphones e tablets PC) augura un futuro moi prometedor para este novo ámbito.
O informe conclúe que “a xestión dos dereitos de propiedade intelectual configúrase como un dos factores crave para facilitar a creación dun mercado dixital único de contidos dixitais”. A súa adecuación ás novas formas de distribución de contidos é necesaria para lograr o desenvolvemento dos novos modelos de negocio que están a proliferar no universo dixital.
Informe completo “La Industria de los Contenidos Digitales 2011”

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades