OSIMGA analiza os indicadores da Sociedade da Información nas empresas de aloxamento turístico en Galicia

OSIMGA analiza os indicadores da Sociedade da Información nas empresas de aloxamento turístico en Galicia
Data
27/01/2014

O Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA) achega unha análise sectorial do nivel de implantación das TIC nas empresas galegas de aloxamento turístico (CNAE 55), que agrupa hoteis, pensións, campamentos de turismo e demais tipoloxías de aloxamento de curta estancia.
No informe “A Sociedade da Información nas empresas de Galicia”, correspondente á edición 2013, facilítanse os indicadores sectoriais de equipamentos e servizos TIC, Internet e Banda Larga, dispoñibilidade de páxina web e redes sociais das empresas galegas de 10 ou máis traballadores/as.
EQUIPAMENTOS E SERVIZOS TIC
As empresas de aloxamento turístico de Galicia, de 10 ou máis traballadores/as, destacan na utilización de servizos “cloud computing” (35,6% das empresas), factura electrónica (40,2% na recepción e 27,2% na emisión) e o modelo de xestión de clientes CRM (51,8%) en relación aos demais sectores de actividade.
Na recepción de facturas electrónicas supérase en 13,6 puntos porcentuais a media do conxunto de sectores.

 

 
Gráfica 1: Empresas de 10 ou máis traballadores/as que recibiron facturas electrónicas (%). Fonte: OSIMGA.
 
Na emisión de facturas electrónicas supérase en 19,4 puntos porcentuais a media do conxunto de sectores.
 
 
Gráfica 2: Empresas de 10 ou máis traballadores/as que emitiron facturas electrónicas (%). Fonte: OSIMGA.
 
 
INTERNET E BANDA LARGA
A totalidade de empresas galegas de aloxamento turístico dispón de conexión a Internet. Destaca o nivel de conexión a banda larga móbil, que acada o 72,4% en relación ao 64,8% da media de sectores de actividade.

 
 
Gráfica 3: Empresas de 10 ou máis traballadores/as que dispoñen de banda larga móbil (%). Fonte: OSIMGA.
 
PÁXINA WEB E REDES SOCIAIS
Todas as empresas galegas de aloxamento turístico teñen páxina web. O 70,3% está presente nalgunha rede social, 44,7 puntos porcentuais por riba da media do conxunto de sectores de actividade (25,6%). 
 
Gráfica 4: Empresas de 10 ou máis traballadores/as presentes nas redes socias (%). Facebook, LinkedIn, Tuenti, Google+, etc. Fonte: OSIMGA.

 
Poden consultarse todos os informes na web www.osimga.gal
 
 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades