A paradoxa do internauta: quere maior privacidade, mais non protexe os seus datos

A paradoxa do internauta: quere maior privacidade, mais non protexe os seus datos
Data
17/06/2014

A actitude dos internautas é paradica: case tres de cada catro asegura que se nega a sacrificar a súa privacidade a cambio de maiores beneficios en internet, pero a realidade é que non protexen suficientemente os seus datos. Así se recolle no estudo a nivel mundial, publicado pola multinacional tecnolóxica EMC, con opinións sobre privacidade en internet de 15.000 cibernautas de quince países.

O informe destaca que os internautas queren gozar dos beneficios da tecnoloxía pero sen sacrificar a súa privacidade. Segundo os datos, o 91% dos enquisados valora o acceso máis fácil á información e o coñecemento que lle achega a tecnoloxía dixital, pero só o 27% afirma que estaría disposto a sacrificar a súa privacidade por estas vantaxes.

Nunha nota, a empresa explica que máis da metade dos entrevistados recoñece que sufriu algunha fenda de seguridade (conta de email pirateada, roubo ou extravío de móbil, conta atacada dalgunha rede social), pero paradóxicamente a maioría admite que non está a tomar medidas para protexerse. O 62% non cambia os seus contrasinais con asiduidade; catro de cada dez entrevistados non personaliza a súa configuración de privacidade nas redes sociais e o 39% carece de contrasinal de seguridade nos seus dispositivos móbiles.

En canto ao papel dos gobernos, só o 41% veos comprometidos coa protección da privacidade dos internautas.
Informe

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades