En outubro do ano 2013 a Comisión Europea lanzaba unha enquisa en liña sobre o “crowdfunding” ou “financiamento colectivo”, coa intención de valorar as consecuencias económicas dun movemento global emerxente.
No camiño cara un mercado único europeo, considérase que as iniciativas e plataformas de financiamento colectivo en Internet poden repercutir dun xeito positivo no lanzamento de startups, facilitar o desenvolvemento de iniciativas innovadoras e estimular o emprendemento.
Un dos últimos informes publicados nesta materia afirma que no ano 2012 as plataformas de crowdfunding incrementaron un 65% o volume de financiamento en relación ao 2011 no mercado europeo, superando os 700 millóns de euros.
A nivel mundial este crecemento achegouse ao 81%, superando os 2.500 millóns de dólares en 2012 e cunha previsión de duplicarse nos vindeiros anos con máis de 5.000 millóns de dólares acadados a través de campañas de financiamento colectivo.
Táboa: Número de plataformas de financiamento colectivo por países. Fonte: infoDev/The World Bank
De seguido, achégase unha relación de documentos que poden ser de interese para contextualizar os diferentes modelos de financiamento colectivo, que abarcan dende as donacións ata o accionariado nas empresas.
Comisión Europea (2013): “Crowdfunding in the EU: Exploring the added value of potential EU action”.
The World Bank (2013): “Crowdfunding’s Potential for the Developing World”
Massolution (2013): “The crowdfunding industry report”
MANIFIESTOCROWD.COM
Tamén poden visitarse algunhas das plataformas máis populares a nivel estatal e internacional:
GOTEO.ORG
VERKAMI.COM
LANZANOS.COM
KICKSTARTER.COM