A sétima edición do estudo Mobile Life elaborado por TNS estima que os consumidores españois son os europeos que utilizaron máis dispositivos tecnolóxicos e móbiles no 2011 en termos relativos. Un 99% dos consumidores consultados entre 16 e 60 anos dispón de teléfono móbil, dos cales un 15% utiliza un dispositivo avanzado, un 36% básico e un 49% o smartphone.
A media de usuarios de tecnoloxía smarphone en España supera a media europea, situada no 31%. O seu uso acentúase no caso dos consumidores de entre 22 e 30 anos, dos cales un 64% recoñece utilizar un teléfono móbil intelixente.
As funcións máis habituais realizadas polos consumidores de móbil no ano 2011 foron o envío e recepción de SMS (84%), realizar fotografías (80%), escoitar música (62%), xogar (55%), chatear (53%) e conectarse a Internet (53%). O momento do día no que se realizan estas funcións é maioritariamente durante os desprazamentos da casa ao traballo/estudo (commuting).
O uso das redes sociais a través de dispositivos móbiles acadou o 45% en xaneiro de 2012, cun avance de 16 puntos sobre 2011. Este feito confirma a progresiva extensión das aplicacións 2.0 a todos os dispositivos tecnolóxicos, que verá incrementada a súa presenza nos vindeiros anos.
Consulta o estudo Mobile Phone