A publicación de datos abertos no mundo

Logo osimga
Data
19/01/2015

A entidade independente Open Knowledge Foundation ven de publicar o seu Open Data Index 2014, balance que mostra o estado en materia de datos abertos de máis de noventa países en todo el mundo e no que se miden os esforzos de apertura da información. Así o índice evalúa o nivel de disponibilidade e accesibilidade da información en dez categorías principais como: gastos gubernamentais, resultados eleccións, horarios de transporte e niveis de contaminación medioambiental.
O índice revela que, aínda que se ten progresado de forma notable, lamentablemente a maioría de gobernos non ofrecen en aberto moita da información de gran relevancia para a cidadanía ea s empresas. Este feito supón un lastre para o sector open data, que segundo as estimacións da compañía McKinsey & Co, pode ofrecer un beneficio potencial de 3 billóns de dólares anuais.
O ranking está liderado un ano máis polo Reino Unido, cunha puntuación total do 96%, seguido por Dinamarca e Francia. España obtivo unha calificación do 52%, superando en seis puntos a nota do exercicio anterior.
Un dato favorable é o incremento no número de conxuntos de datos abertos, catorce máis que no 2013 para chegar a 101 en total. En calquera caso, a porcentaxe de conxuntos abertos nos países enquisados segue sendo moi baixo, só o 11% do total.
Ademais, a iniciativa mostra mapas globais do sector open data, identificando os niveis de desenvolvemento de cada un dos países en cada unha das áreas temáticas, segundo unha táboa de cores.

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades