Publicada unha Guía salarial do sector TIC

Logo osimga
Data
12/06/2012

A análise dos datos do estudo mostran que no 2011 seguéuse a tendencia dos anos anteriores, un período no que destaca a estabilidade laboral, o formato de contratación indefinida no 90% dos casos e que os profesionais máis demandados sexan os Enxeñeiros Informáticos ou de Telecomunicación. Para o 2012 apréciase un maior número de proxectos e a demanda de perfís operativos especializados en diferentes áreas.
Por outra parte, atendendo aos criterios territoriais, a provincia da Coruña concentra a maior demanda de profesionais TIC por novos proxectos, en torno ao 90%, de postos de nova creación, fronte á provincia de Pontevedra onde se manteñen e nalgún caso decrecen, limitando as demandas a substitucións de persoal.
En canto aos perfís, o máis demandado durante o 2011 foi para postos operativos, un 76% de Consultores, Programadores e Analistas Programadores, 14,5% de desenvolvedores de negocio e un 9,5% de postos directivos.
Para acceder ao resumo executivo do informe

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades