Publicados os novos criterios para mellorar a accesibilidade na administración electrónica

Publicados os novos criterios para mellorar a accesibilidade na administración electrónica
Data
25/11/2013

O Observatorio de Accesibilidad Web publica unha guía práctica para xestionar a aplicación do novo estándar UNE 139803:2012, equivalente ás WCAG 2.0, orientado a mellorar a calidade e o nivel de accesibilidade das páxinas web das administracións públicas.
 
Imaxe: Logotipos de conformidade coas WCAG 2.0: A, AA e AAA.
A guía recolle os requisitos desta norma, así como os cambios en relación á certificación UNE 139803 do ano 2004 no tocante ás prioridades e aos niveis de conformidade.
Neste senso, a guía céntrase nas modificacións que afectan ao nivel AA, requirido pola lexislación española sobre a accesibilidade das páxinas web das administracións públicas e a administración electrónica.
Pode consultarse a guía na seguinte ligazón:
http://administracionelectronica.gob.es/pae_Home/pae_Actualidad/pae_Noticias/Anio2013/Noviembre/Noticia_2013-11-20_Publicacion_norma_transicion_UNE_2004_2012.html#.UpMqiSdGTrT
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades