INTECO publica a “Guía para empresas: identidade dixital e reputación online” co obxectivo de mostrar os principais aspectos relacionados coa privacidade e a seguridade na Internet, de cara unha mellor xestión da identidade dixital corporativa das pequenas e medianas empresas españolas.
A guía achega diferentes recomendacións para optimizar a información das empresas na Internet, na procura de crear un perfil seguro no web 2.0 que sexa acorde coa imaxe e coa política da empresa.
Entre os principais resultados destacan que un 26,8% das empresas enquisadas teñen un perfil nalgunha rede social. Entre elas, un 88,7% atópanse en Facebook, seguidas de lonxe por outras plataformas como Twitter (29,6%), Google+ (10,3%), LinkedIn (10,1%) ou Youtube (9,8%). O 45,9% afirma que confía bastante nas redes sociais, cunha nota media de 6,9 sobre 10.
A pesar disto, INTECO informa dos riscos na xestión da identidade e a reputación da empresa no tocante ao uso dos dominios, das marcas e da información confidencial no correspondente marco legal.
Pódese consultar a guía para empresas na seguinte ligazón