A telefonía móbil perdeu 133.500 liñas en febreiro

Logo osimga
Data
11/04/2012

O parque de telefonía móbil pechou febreiro con 56.224.683 liñas tras a perda dos 133.500 números dos que 53.741 eran de prepagamento, 30.168 de contrato e 49.591 liñas de ‘datacards’ para conectarse a Internet móbil a través do computador. A CMT sinala que está caída débese basicamente á perda de 209.557 liñas móbiles de Movistar. Pola súa banda as liñas móbiles asociadas a máquinas gañaron case 26.000 números e suman xa 2.554.140.
Non obstante, a portabilidade de liñas móbiles seguiu moi forte con 486.450 cambios de operadora conservando o número, un 8,3 % máis que hai un ano, pero por baixo dos dous últimos meses nos que se superaron os 528.000.

As liñas de telefonía fixa tamén descenderon en 49.483 números, dos que 43.155 corresponderon a números asociados a empresas. Nos dous primeiros meses do ano o parque de telefonía fixa caeu un 1,8 % até os 19,36 millóns de liñas. A penetración de febreiro quedou en 41,9 liñas por cada 100 habitantes, un punto porcentual menos que no mesmo mes de 2010.

A banda larga sumou 30.359 liñas máis, fronte ás 50.318 altas de febreiro do ano pasado. Isto sitúa o parque total en 11.218.656 liñas, un 4,5 % máis que hai un ano. Dos 11,2 millóns de liñas, 8.876.564 eran de tecnoloxía baseada en DSL, un 3,3 % máis que hai un ano. A banda larga das operadoras de cable supuxo 2.047.317 liñas, un 3,2 % máis e as de fibra óptica FTTH un total de 194.775, un 194,9 % máis que hai un ano.

A CMT indica que o crecemento da banda larga foi por mor da suba de 20.661 de liñas DSL, de 13.692 de liñas de fibra óptica FTTH e pola caída de 3.994 liñas de cable.
 
Nota mensual CMT (febreiro 2012)

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades