Deloitte publica un informe sobre as previsións comerciais e as novas tendencias en tecnoloxía, multimedia e telecomunicacións (TMT) para o ano 2014.
Entre os elementos tecnolóxicos punteiros destacan os denominados “wearables” ou dispositivos electrónicos en prendas de vestir e complementos, tales como as gafas, pulseiras e reloxos intelixentes conectados Internet.
En termos xerais, Deloitte estima que poden venderse preto de 10 millóns de unidades destes tres elementos tecnolóxicos (smart glasses + smart fitness bands + smart watches) durante o ano 2014 a nivel mundial, o que contribuiría a potenciar un mercado emerxente de máis de 3.000 millóns de dólares. Un 40% das vendas correspondería ás “smart glasses”, que poderían superar os 100 millóns de unidades vendidas no ano 2020.
O xogo de palabras “wearable” (que se pode levar ou vestir) e “wherever” (en calquera lugar), encaixa cunha nova filosofía no uso da Rede, denominada “Internet of everything” e a “Internet das cousas”. Esta realidade estase a confirmar nos primeiros pasos deste ano 2014, coa adquisición de empresas e servizos especializados nos dispositivos electrónicos intelixentes por parte das principais compañías da Internet.
Pode descargarse o documento titulado “Wearables: the eyes have it” na seguinte ligazón:
http://www2.deloitte.com/content/dam/Deloitte/global/Documents/Technology-Media-Telecommunications/gx-tmt-2014prediction-wearables.pdf
Tamén o informe completo “TMT Predictions 2014” nesta presentación