Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
st1\:*{behavior:url(#ieooui) }
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
Hai que advertir que o período de referencia para as variables que aquí recollemos é o ano 2007. A información básica coa que se elaborou a análise d’A situación sociocultural dos concellos galegos de menos de 50 000 habitantes foi obtida mediante un cuestionario, remitido aos 308 concellos que constitúen o universo deste censo. O propio informe destaca que os servizos culturais son un dos eidos máis sensibles na Administración pública aos recortes orzamentarios e investidores e isto fai que os datos, recollidos entre outubro de 2008 e febreiro de 2009, estean mudando; con toda probabilidade, retrocedendo na cantidade e calidade de servizos culturais. Non obstante, o informe di que os resultados recollidos no traballo permiten facer rexistro do grao en que estes servizos públicos de cultura se espallaron polas vilas, aldeas e parroquias da xeografía galega, e confirmar o seu nivel de consolidación dende o referente dun estudo similar realizado vinte anos atrás.
Equipamento
No que a dotacións ou recursos das casas da cultura ou centros socioculturais polivalentes se refire, o 53,9% dos concellos de Galicia contan nesa altura con “sala de informática/internet”.
A análise de recursos das casas de cultura ou centros culturais polivalentes por tamaño demográfico dos municipios apunta, xeralmente, a unha maior dotación da infraestrutura canta máis poboación ten o concello, coa excepción da sala de informática/internet, que ten pesos relativos similares en todos os concellos, con independencia da súa dimensión demográfica. En relación aos municipios agrupados por tamaño demográfico, percíbese que a diferenza doutras dotacións a “sala de informática/internet”, aparece con porcentaxes similares nuns e outros municipios.
Con respecto ao agregado provincial, cabe sinalar que os concellos de Pontevedra informan de menores índices de dotacións en “salas de informática/internet“ (46,3%). Na outra vertente, o maior índice de dotación de salas de informática/internet atópanse nos concellos de Lugo (64,3%).
Actividades
O informe recoñece que promover, organizar e realizar diversos obradoiros, encontros e cursos de formación de temática cultura é un xeito de impulsar a democratización da cultura entre a veciñanza. O 60,4% dos concellos galegos de menos de 50 000 habitantes que participaron na enquisa (165 concellos) organizou e levou a cabo obradoiros, encontros ou cursos de formación de temática cultural durante o ano de 2007. O tamaño demográfico do municipio inflúe na realización deste tipo de actuacións: só están presentes no 39,7% dos concellos de menos de 2000 habitantes (31 concellos), pero acadan o 86,7% nos concellos de 20 000 a 49 999 habitantes (13 concellos).
En canto aos tipos de obradoiros, encontros ou cursos de formación de temática cultural organizados e executados polos concellos durante o ano 2007, en primeiro lugar atópanse os “obradoiros ou cursos relacionados coas novas tecnoloxías (informática, internet...)” (46,9%; 128 concellos). Segundo indica o informe do Consello da Cultura Galega, isto é unha mostra do esforzo da Administración pública local por alfabetizar e capacitar os seus veciños no coñecemento e manexo das TIC, nunha sociedade da información marcadamente globalizada.
Os “obradoiros ou cursos relacionados coas novas tecnoloxías (informática, internet...)” manteñen o primeiro lugar nas actividades formativas de temática cultural dos concellos, coa excepción dos concellos máis poboados (20 000 a 49 999 habitantes), nos que, a pesar de ter una presenza maioritaria (53,3%; 8 de 15 concellos), eran menos frecuentes que outros.
A consideración do tamaño demográfico dos concellos pon de relevo a capacidade de organización e execución de actividades culturais dos concellos de maior poboación respecto dos que teñen menos recursos humanos. En termos xerais, a partir dos 10 000 habitantes é moito máis alta a proporción de concellos que organiza actividades formativas e o espectro temático é máis amplo. E no que fai aos resultados do agregado provincial, unha vez máis, os concellos atlánticos, especialmente os coruñeses, marcan diferenzas con respecto aos concellos das provincias orientais.
Nos concellos da Coruña, a organización dos obradoiros gradúase xerarquicamente seguindo as preferencias formativas apuntadas para o conxunto dos concellos galegos. As distancias na proporción de concellos provinciais que organizaron actividades formativas é especialmente marcada no caso dos “obradoiros ou cursos relacionados coas novas tecnoloxías (informática, internet...)”; practicamente, tres de cada catro concellos coruñeses de menos de 50 000 habitantes organizaron obradoiros deste tipo (74%; 57 de 77 concellos) en 2007.
Os concellos pontevedreses, nunha posición intermedia entre os da Coruña e os das provincias orientais na organización de obradoiros, déronlles prioridade aos "obradoiros ou cursos artísticos ou de artes aplicadas (debuxo, pintura, cerámica, deseño,encadernación...)". As actividades relacionadas coas novas tecnoloxías representaban un 40,7%.
Os "obradoiros ou cursos de cultura popular e etnografía (memoria, xogos populares, bailes...)" son, tras os "obradoiros ou cursos relacionados coas novas tecnoloxías (informática, internet...)", os máis promovidos nas provincias orientais, especialmente na de Ourense. As actividades relacionadas coas TIC representaban un 33% en Ourense e un 35,5% en Lugo.
II Mapa Cultural de Galicia