O estudo informa que o 60,8% dos usuarios de telefonía móbil utiliza un smartphone, o que supón máis de 4 puntos de incremento en relación ao trimestre anterior (56,2%) no conxunto do Estado. Dos cales un 90,1% ten a posibilidade de conectarse en rede por Bluetooth, o 73,2% pode conectarse a Internet e o 69% con Wi-fi.
Este avance no uso da tecnoloxía móbil e dos dispositivos intelixentes conectados en rede conleva moitas vantaxes, pero tamén expón aos usuarios aos riscos relacionados coa seguridade na Internet e a privacidade dos datos persoais contidos nos dispositivos electrónicos móbiles.
INTECO presenta os datos sobre os hábitos de uso do teléfono móbil, as medidas de seguridade utilizadas polos usuarios e os incidentes máis habituais, na procura de minimizar os riscos e facer un uso máis axeitado desta tecnoloxía en expansión.
Pode consultarse o estudo na seguinte ligazón.