Un 80% das empresas galegas con máis de 10 traballadores utilizan software libre, 5 puntos por riba do ano 2011

Logo osimga
Data
05/09/2012

O Observatorio Nacional del Software de Fuentes Abiertas - CENATIC achega os resultados correspondentes aos anos 2011 e 2012 sobre o uso de software de código aberto nas empresas españolas con máis de 10 asalariados.

En Galicia, un 80% das empresas enquisadas recoñece que utiliza algunha tipoloxía de software de código aberto, 5 puntos máis que no ano 2011 (75,2%). Este incremento identifícase nos tres sectores de actividade analizados por CENATIC, como é o caso do sector servizos, que experimenta un crecemento interanual de 7,9 puntos  (75,6% das empresas no 2011 fronte ao 83,5% de 2012); pero tamén o sector da construción (81,1% no 2011 e 82,4% no 2012) e a industria (71% no 2011 e 73,2% no 2012).

Este incremento débese en boa media a un maior uso dos navegadores de Internet, utilizados polo 75,1% das empresas con máis de 10 traballadores no ano 2012, pero tamén ao uso de aplicacións ofimáticas (56,8%), de sistemas operativos (32,2%) e doutras aplicacións de uso libre.

Os datos achegados por CENATIC confirman que as empresas de maior tamaño apostan polo software libre, como estratexia  para mellorar a produtividade e reducir custos. Neste senso, no conxunto do Estado, un 83,4% das empresas con máis de 250 traballadores utilizaron esta tipoloxía de software durante o ano 2011.

Pode consultarse a serie de datos completa na seguinte ligazón.
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades