O Observatorio Cetelem realiza unha análise do consumo no sector dos electrodomésticos e a tecnoloxía en España no ano 2013. Un sector que lidera a tipoloxía de produtos adquiridos no conxunto do Estado e que mantén o pulso á baixada do consumo en todos os sectores de actividade.
Un 60% dos enquisados recoñece que adquiriu electrodomésticos e produtos tecnolóxicos no último ano. Entre eles, un 66% corresponde a produtos informáticos, que experimenta un retroceso no consumo de ordenadores portátiles e un incremento das Tablets, especialmente aquelas producidas no mercado asiático.
Os lugares preferidos polos consumidores para comprar produtos tecnolóxicos seguen a ser as grandes superficies especializadas, cun 38% dos enquisados, seguidos das tendas online, que xa representa un 32% e incrementa 5 puntos en relación ao ano 2012.
Gráfico: Tipo de establecemento onde os usuarios adquiriron tecnoloxía no últimos 12 meses.
Un 71% dos consumidores enquisados considera que o prezo e a comodidade son os factores clave para realizar compras de produtos tecnolóxicos a través do comercio electrónico.
Internet consolídase como principal medio de información utilizado polos consumidores de produtos tecnolóxicos. Un 70% dos enquisados informouse a través da Rede das novidades comerciais do sector.
Poden consultarse todos os estudos do Observatorio Cetelem na seguinte ligazón:
http://www.elobservatoriocetelem.es/