A Online Business School (OBS) presenta o estudo “Tecnologías de la Información en la empresa 2013” que compila os datos do INE, ONTSI e EUROSTAT sobre o nivel de implantación das TIC nas empresas en España.
Entre as principais conclusións destaca unha maior aposta das entidades privadas polo teletraballo, que incrementou 20 puntos porcentuais durante a última década.
No ano 2013 estímase que un 27% das empresas do conxunto estatal ofreceron aos seus empregados a posibilidade de realizar teletraballo, como método para mellorar a súa organización e a produtividade.
Gráfica: Evolución do teletraballo nas empresas (%). Fonte: INE - ONTSI
No último ano o incremento superou os cinco puntos porcentuais, pasando do 21,8% das empresas en 2012 ao 27% no 2013. Para os vindeiros tempos estímase que a implantación do teletraballo nas empresas e nas administracións públicas continúe con esta evolución positiva, na procura dunha maior eficiencia e conciliación familiar e laboral.
Pode solicitarse a descarga do informe completo na seguinte ligazón:
http://www.obs-edu.com/noticias/2013/11/18/el-27-de-las-empresas-espanolas-apuesta-por-el-teletrabajo/