- No último ano, aumentou un 2,5% a porcentaxe de empresas de 10 ou máis persoas empregadas con conexión a internet de máis de 100 Mbps, até acadar o 83,3%
- O 12,6% destas empresas conta con especialistas TIC, o que supón un incremento dun 7% no último ano
- Tamén crece un 30,8% o uso do Cloud Compunting, que pasa do 24,1% ao 31,5%
- O 10,4% das grandes empresas galegas utilizan a Intelixencia Artificial, a sétima maior porcentaxe das comunidades autónomas españolas.
- O 35,9% das pequenas empresas, as de menos de 10 traballadores, ten páxina web, un 16,7% máis que hai dous anos.
- O gasto en seguridade TIC aumentou un 40% no último ano, dato similar á media estatal, co 37,8%.
O 34,1% de las empresas galegas de 10 ou máis persoas empregadas permite o teletraballo, o que sitúa a Galicia no 5º posto entre as Comunidades Autónomas. Tamén está entre as que máis realiza reunións remotas, cun 57,9%.
Os datos corresponden á enquisa sobre “O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2023/2024” publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
As tecnoloxías están cada vez máis presentes nas empresas galegas. O 98,2% das que teñen 10 ou máis empregados dispoñen de internet contratada, e destas, o 83,3% teñen velocidade de descarga de máis de 100 mbs/seg.
As empresas galegas que empregan Intelixencia artificial son xa o 10,4%, o que sitúa a Galicia no sétimo lugar entre as Comunidades Autónomas. As empresas galegas están entre as tres que máis utilizan Tecnoloxías de recoñecemento de voz. Tamén ocupan un lugar moi destacado (cuarto) no uso de Tecnoloxías que xeran linguaxe escrita ou falada e o sexto na Aprendizaxe automática para a análise de datos.
A incorporación dos especialistas TIC ás empresas galegas de 10 ou máis traballadores é outro dos indicadores que amosa o grao de dixitalización do tecido empresarial galego: o 12,6% conta con especialistas TIC, o que supuxo un 7,4% máis no último ano.
O gasto en seguridade TIC aumentou un 40% no último ano, dato similar á media estatal, que creceu 37,8%. Este gasto ascende en Galicia ata case 102 millóns de euros.
O 81,4%% das grandes empresas galegas dispoñen de páxina web. A maioría contan con descrición dos seus produtos e servizos (81%), pero tamén destaca o seu uso para publicar o recibir ofertas e solicitudes de emprego (23,3%) ou facer perdidos e reservas (18,7%).
A maioría das empresas galegas de 10 ou máis empregados usan software libre, co 86,3%. Delas, o 95,5% utiliza navegadores de código aberto, o 75,3% usa aplicacións ofimáticas, e o 51,5% sistemas operativos.
Microempresas
A porcentaxe de empresas de menos de 10 empregados con ordenadores acada o 85%. O 81,3% das microempresas teñen conexión a internet, ao crecer máis dun 16% no último ano. Destas, o 31,2% empregan redes sociais con fins empresariais.
O 35,9% das empresas de menos de 10 traballadores teñen xa páxina web, o que supera en máis de 2 puntos a media estatal, que é do 33,2%.