A Unión Europea camiña cara a eliminación das tarifas roaming

A Unión Europea camiña cara a eliminación das tarifas roaming
Data
18/02/2014

A Comisión calcula que as empresas de telecomunicacións están perdendo un mercado potencial duns 300 millóns de usuarios, debido aos prezos das tarifas de datos no estranxeiro. De feito, un 25% dos usuarios consultados apagan a conexión roaming noutro país da Unión Europea.
A industria das aplicacións móbiles e das redes sociais podería beneficiarse da eliminación do roaming. Actualmente, case a metade dos usuarios, o 47%, non utiliza a conexión móbil ás redes sociais noutro país comunitario.
Un 28% das persoas que viaxan dentro da Unión Europea apagan o seu teléfono móbil cando están noutro país, limitando a realización de chamadas e a súa conexión a Internet agás nas zonas con WIFI.
Dende o ano 2007 reduciuse un 80% o prezo das chamadas e SMS na Unión Europea. As tarifas roaming son un 91% máis baratas, pero seguen a limitar a conectividade móbil entre os Estados membros.

 

Máis información en: Connected Continent
 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades