As universidades galegas gañan posicións no Ranking Webometrics

As universidades galegas gañan posicións no Ranking Webometrics
Data
14/03/2013

A duodécima edición do Ranking Web de Universidades e Repositorios (Ranking Webometrics), elaborado polo Laboratorio de Cibermetría do CSIC, mide o impacto dos medios dixitais de 21.250 centros de ensino superior de todo o mundo.

Esta clasificación mostra o camiño ascendente do Sistema Universitario Galego (SUG) neste indicador sobre a visibilidade das páxinas web das universidades de A Coruña, Santiago e Vigo. Esta última sitúase no posto 343 do ranking mundial, ascendendo 25 postos en relación ao 2012 e 51 postos dende 2011. A Universidade de Santiago figura no posto 386 e mantense un ano máis no Top 500 despois de ascender 4 postos en relación ao 2012 e 61 dende o ano 2011. A Universidade da Coruña sitúase a maior distancia, no posto 548 do ranking mundial e no 27 estatal.

No conxunto do Estado, a Universidade de Vigo sitúase no posto 14 e a Universidade de Santiago no posto 17 o que demostra o avance experimentado polas universidades galegas neste ámbito.

Pode consultarse esta clasificación, así como as edicións anteriores na seguinte ligazón:
http://www.webometrics.info/

As páxinas web obxecto de análise foron as seguintes:
Universidade de Vigo: www.uvigo.es
Universidade de Santiago de Compostela: www.usc.es
Universidade da Coruña: www.udc.es

 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades