- Máis de 54.300 persoas maiores incorporáronse ao uso de internet entre 2021 e 2023
- Preto do 20% das persoas maiores de 65 xa empregan o comercio online
- Máis do 43% dos maiores de 65 anos que usan internet, empregan a administración electrónica
- Máis do 55% dos internautas de 65 a 74 anos e o 41% dos maiores de 74 anos fan xestións a través da banca electrónica
- O valor engadido bruto (VEB) do Hipersector TIC galego aumenta un 1,4% no último ano e sitúase, por primeira vez, por riba os dous mil millóns de euros
- O investimento en innovación do Hipersector TIC galego aumenta en máis de 46 millóns de euros no último ano, un 38,8% máis que o ano anterior