Data
2015
En 2015, completouse o proxecto STAMAR, un proxecto europeo cofinanciado polo FEDER no marco do Programa Operativo de Cooperación Transnacional Espazo Atlántico. Este proxecto estivo liderado pola Amtega xunto con outras entidades e institucións de Irlanda, Escocia, Francia e Portugal.
Neste marco, elaborouse un estudo para analizar a competitividade e a capacidade de innovación das pequenas e medianas empresas dedicadas ao sector marítimo ou naval do Espazo Atlántico.