A Asociación de Internautas publica un estudo sobre a banda larga móbil

Logo osimga
Data
14/06/2012

O estudo titulado “La Banda Ancha Móvil a examen: Grandes diferencias entre operadores en precios, velocidades y atención al cliente” recolle unha nova valoración da Asociación de Internautas (AI) sobre os operadores de banda larga Movistar, Vodafone, Orange e Yoigo.

A Asociación de Internautas identifica diferenzas entre os catro operadores analizados. A valoración global do servizo que ofrece cada operador estimouse pola AI a partir da media de tres indicadores: prezo, velocidade e atención ao cliente. Neste senso, considera que Movistar é o operador mellor valorado no seu conxunto cunha puntuación de 6,61 sobre 10. Yoigo suma 5,58 puntos; Orange 5,27 puntos; e Vodafone acada 5,01 puntos penalizado polo prezo e a valoración do seu servizo de atención ao cliente.

Ligazón ao gráfico de resultados
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades