O estudo “Developing Key Competences at School in Europe”, elaborado pola rede Eurydice, insta aos Estados membros a prestar unha maior atención aos coñecementos TIC dos alumnos, a preparar futuros emprendedores e a mellorar as competencias dixitais nos centros de ensino públicos e privados.
A Comisión Europea estima que en España incrementouse a media de uso de ordenadores nos centros de primaria, educación secundaria e FP. Un 52% dos alumnos con idades comprendidas entre os 10 e os 15 anos recoñece que utiliza o ordenador na escola e o 72,3% faino no seu fogar.
En Galicia, o plan Abalar desenvolve esta estratexia orientada á integración plena das TIC na práctica educativa. Isto é posible a través da mellora dos equipamentos e infraestruturas informáticas, os contidos educativos, a formación e o fomento da cultura dixital nos centros de ensino galegos, en consonancia coas políticas europeas orientadas a mellorar as competencias dixitais do alumnado de cara á súa futura incorporación ao mercado laboral.
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón