A Comisión Europea sitúa ao Estado español como líder no ámbito da accesibilidade dos portais web da Administración Pública Europea

A Comisión Europea sitúa ao Estado español como líder no ámbito da accesibilidade dos portais web da Administración Pública Europea
Data
15/11/2011

A Comisión Europea vén de publicar recentemente o Estudo Monitoring e-Accesibility2, realizado entre 2010 e 2011, no que, entre outros aspectos, avaliou a accesibilidade de servizos de Administración Electrónica dos Estados membros da Unión Europea, Estados Unidos, Australia, Canadá e Noruega.

emilio
11.9999

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

A xuizo do OBSAE, o estudo sitúa ao Estado español como líder europeo indiscutible no ámbito da accesibilidade dos portais web da Administración Pública Europea. Así mesmo, España tamén vai por diante dos estados non integrados na Unión Europea que foron analizados.
A posición alcanzada polas Administracións Públicas españolas nesta avaliación evidencia segundo o OBSAE o seu progreso constante en materia de accesibilidade web. Mentres nos resultados comentados as nosas Administracións ocupan un lugar de liderado, na avaliación antecedente dentro do estudo MEAC - Measuring Progress of e Accesibility in Europe, realizado durante 2006-2008, situábanse cun índice de accesibilidade lixeiramente superior á media da Unión Europea. 
O propio Observatorio de Accesibilidade Web na Administración Electrónica realiza, entre outras actuacións unha avaliación periódica da accesibilidade de portais e sitios webs das Administracións Públicas españolas.
Analizáronse máis de 300 portais da Administración Xeral do Estado (AXE), 152 adscritos a Comunidades Autónomas (8 portais por cada unha delas) e 208 responsabilidade de Entidades Locais (4 por cada provincia). Os resultados de cada un destes estudos, que son entregados aos responsables de cada servizo analizado, habilitaron un ciclo de mellora continua na accesibilidade das webs do sector público: Ao redor do 48% dos portais de Administracións Públicas analizados experimentaron melloras no referente á súa accesibilidade durante os últimos 2 anos.
Esta evolución positiva da accesibilidade web nas nosas Administracións foi resultado dun esforzo colectivo en todas elas. D’acordo cos datos polo miúdo obtidos polo Observatorio, os principais portais da Administración Xeral do Estado e das Comunidades Autónomas están adecuados aos requisitos de accesibilidade de prioridade 1.
Se observamos a evolución das a evolución durante as diferentes vagas de análises realizadas no ámbito da AXE, un 7% máis de portais da AXE superaron o limiar da accesibilidade de prioridade 1 e os portais que satisfixeron ademais os requisitos de accesibilidade de prioridade 2 aumentaron un 17 %
Cinguíndonos aos organismos da AXE cuxos portais concentran o maior número de accesos dos cidadáns, como os portais ministeriais e portais singulares como 060, BOE, Axencia Tributaria e Seguridade Social, pódese apreciar un maior grao de mellora. A totalidade dos portais acada cando menos a prioridade 1 de accesibilidade, e deles o 70% dos portais chega tamén á prioridade 2.
O avance nos niveis de accesibilidade da Administración Electrónica, tal e como se indicou, obsérvase tamén nos ámbitos autonómico e local. Nos portais adscritos a Comunidades Autónomas, un 13% máis de portais alcanzaron a adaptación á prioridade 1 e os portais adaptados tanto á prioridade 1 como á prioridade 2 aumentaron un 14%.
De xeito análogo ao que acontece na AXE, o OBSAE identificou unha maior mellora na accesibilidade web dos portais principais de cada unha das Comunidades Autónomas. Neste caso, é especialmente significativo o feito de que todos os portais alcancen cando menos a prioridade 1 de accesibilidade ao tempo que os portais que cumpren ademais cos requisitos de prioridade 2 incrementouse nun 19%

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades