Coñecemento e actitudes
No primeiro trimestre de 2011 as maiores valoracións das novas tecnoloxías alcánzanse nos ámbitos educativo e laboral, considerándose fundamentais en ambas as dúas contornas. Incrementouse a percepción de seguridade das compras a través de Internet. Case o 20% da poboación considera seguras as compras a través da Rede, 2,3 puntos porcentuais máis que o ano anterior.
Normal
0
false
false
false
MicrosoftInternetExplorer4
st1\:*{behavior:url(#ieooui) }
/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}
O informe do ONTSI indica que no primeiro trimestre de 2011, máis do 65% da poboación do conxunto do Estado dispón de coñecementos mínimos para utilizar un computador e seis de cada dez usa navegadores para acceder a Internet. O 27,2% considéranse principiantes no uso do computador e o 22,9% no uso de Internet fronte ao 8,3% e ao 10,5%, respectivamente, que se consideran expertos nestes usos.
Conexión e uso de Internet
O servizo de Internet continúa incrementando a súa presenza entre os fogares, superando os 10 millóns de fogares co devandito servizo contratado, case seis de cada dez. Igualmente, a telefonía móbil mantén a súa tendencia de crecemento con dous puntos porcentuais de incremento nos últimos doce meses.
O 59,5% dos fogares españois está conectado a Internet, o que supón máis de 10,1 millóns de primeiras vivendas. O aumento interanual na porcentaxe de fogares conectados é de catro puntos no primeiro trimestre de 2011.
O 65,1% da poboación de 15 e máis anos de idade, 25,4 millóns de persoas, usou Internet nalgunha ocasión, cun aumento interanual de 1,1 puntos no primeiro trimestre de 2011. Considerando a poboación de 10 e máis anos de idade, o número de individuos que usou Internet alcanza os 27,3 millóns, o 66,4% da poboación.
O 65,1% da poboación de 15 e máis anos de idade usou Internet nalgunha ocasión. Destes, un 55,2% fíxoo durante a última semana. En termos absolutos son 21,6 millóns de persoas os que usaron Internet na última semana, das que unha grande maioría realiza un uso diario.
Aínda que o acceso a Internet desde o fogar durante o primeiros tres meses do ano 2011 continua realizándose maioritariamente desde un computador, xa sexa de sobremesa (74%) ou portátil (59%), o acceso desde o terminal móbil é realizado xa por unha cuarta parte dos fogares, triplicando así o valor rexistrado un ano antes.
A principios do ano 2011, 19,4 millóns de persoas declaran que fai máis de tres anos que usaron Internet por primeira vez. Este indicador que mostra o grao de fidelidade á Rede, rexistra un incremento interanual do 6% e sitúase por riba do 76% dos usuarios.
Máis do 78% dos usuarios de Internet dispoñen dalgunha dirección de correo electrónico persoal; tralo incremento interanual cifrado nun 6%, practicamente 20 millóns de persoas xa posúen unha conta de e-mail de carácter particular. No traballo, o 19,5% dos individuos que usaron algunha vez Internet posúe algunha, mentres que o 15,6% dos internautas aínda non dispón de ningunha dirección de correo electrónico.
A cuarta parte da poboación do Estado tomou contacto coa Administración Pública a través de Internet nalgunha ocasión (sexa Xeral, Autonómica e/ou Local). En termos absolutos significa que 9,7 millóns de persoas realizaron unha consulta, descargado un formulario e/ou completado algún trámite coa Administración por medio da Rede.
As consultas vía Web de servizos sanitarios experimentan un crecemento interanual de máis de sete puntos porcentuais e así, durante o primeiro trimestre do ano 2011, máis da metade destes usuarios accederon a Internet para consultar información relacionada coa saúde
Durante o primeiro trimestre do ano 2011, a realización de trámites coa Administración a través de Internet experimenta unha evolución positiva; o pagamento de impostos rexistra un incremento interanual de 5,6 puntos porcentuais e a presentación de denuncias así como os servizos de portelo único soben máis de dous puntos nun ano
O contacto coa Administración Pública a través de Internet consolídase como unha opción válida para un elevado número de persoas, así pois, dos usuarios de Internet que contactaron nalgunha ocasión coa Administración para a procura de información, o 25,3% preferiron facelo a través da Rede e o 17,2% preferiron este medio virtual para presentar a declaración da renda.
Durante o primeiro trimestre do ano 2011, o 46,6% dos usuarios de Internet declara utilizar a Rede para realizar calquera tipo de actividade relacionada coa saúde. Esta porcentaxe increméntase case cinco puntos porcentuais nun ano. Aínda que a información máis solicitada en Internet sobre temas sanitarios fai referencia a doenzas e nutrición, son a procura de servizos de saúde pública, os medicamentos alternativos e os medicamentos, os temas que en maior contía ven incrementadas as súas porcentaxes de consulta no último ano, concretamente 4,7, 3,7 e 2 puntos porcentuais, respectivamente.
Gasto realizado
O gasto dos fogares no servizo de Internet sitúase o primeiro trimestre de 2011 en 641 millóns de euros, contía similar a igual período do ano anterior, no que foi un millón de euros superior.
Invírtese así nos primeiros meses de 2011 a tendencia crecente do gasto en Internet, cuxo incremento en 2010 situouse de media no 13% tras os fortes aumentos interanuais próximos ao 20% nos dous primeiros trimestres, debidos ao servizo ADSL, que se moderaron até o 8% no cuarto trimestre e seguidos dun descenso interanual do 5% no primeiro de 2011, que o sitúa en 483 millóns.
A caída interanual do 5% no gasto en ADSL vese compensada por un incremento en tecnoloxía de cable do 15%, tras descontos. Como consecuencia na repartición do gasto aumenta o peso do cable até o 23,8% e descende o correspondente a ADSL ao 75,4% mentres que RTB aumenta lixeiramente até o 0,8%.
Descende o gasto medio mensual dos fogares no servizo de conexión a Internet até os 24,9 euros (IVE incluído) no primeiro trimestre de 2011.
Informe correspondente á 31ª Vaga da Enquisa Panel "Las TIC en los hogares españoles" ONTSI