A metade das PEMEs está presente en redes sociais

A metade das PEMEs está presente en redes sociais
Data
27/10/2011

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

O estudo foi realizado por Cink Shaking Business entre os meses de marzo e xuño de 2011 cunha mostra de máis de 2.500 empresas do conxunto do Estado con menos de 50 empregados.
A metade das PEMESs do conxunto do estado (o 49,80%) utilizan algunha rede social na comunicación día a día cos seus clientes en carteira e potenciais. O informe afirma que grazas ao uso corporativo de Internet abriuse un amplo abano de oportunidades que calquera organización ou negocio que queira “ser competitivo”, na actual conxuntura económica, debe saber explotar. As Redes Sociais convertéronse en valiosas canles de comunicación empresarial, que xestionados correctamente permiten promocionarse de forma sinxela e eficaz na rede, cun beneficio directo en termos de negocio.
Segundo datos do "Primeiro Estudo Nacional sobre o uso das Redes Sociais por parte das Pemes españolas?"  a rede social máis utilizada con diferenza é Facebook, cunha porcentaxe de uso do 38,7%, seguida a grande distancia da plataforma de microblogging Twitter co 11,19%, o portal de vídeos Youtube cun 8,26%, Linkedin cun 6,54%, e o repositorio de imaxes Flick cun 3,21%.
 As empresas adoitan utilizar unha ou dúas ferramentas ou, en todo caso, tres Redes Sociais, mais dun xeito aínda moi incipiente, segundo os responsábeis do informe.
As ramas de actividade do sector servizos concentran a maioría destas empresas que xa apostan polas Redes Sociais para promocionarse en Internet. Así, destacan especialmente os datos dos sectores Hostalaría e Turismo, nos que un 72,76% das Pemes utilizan algunha rede social. En xeral, todos os sectores que implican un considerábel contacto co cliente final rexistran presenzas por riba da media, agás no caso do comercio que se sitúa nun 44% por mor da falta de recursos, en moitas ocasións, dos coñecementos necesarios para utilizar as novas ferramentas de comunicación e mercadotecnia.
Por baixo da barreira do 40% atópanse aqueles sectores que presentan unha menor relación directa co público como: agricultura, gandaría e pesca; industria; construción; transporte ou loxística.
 Outra das variables fundamentais a ter en conta á hora de analizar o uso das Redes Sociais é a xeográfica, xa que ao abordar a análise por provincias as diferenzas e dispersión na súa implantación fanse evidentes. Neste sentido, obsérvase unha concentración sensiblemente maior nas Pemes daquelas localidades máis densamente poboadas, como Madrid, Barcelona ou as principais cidades do País Vasco. As porcentaxes de uso das Redes Sociais nestas cidades oscilan entre o 40 e 60%.
No que respecta ao grao de actualización, máis da metade das Pemes que usan as Redes Sociais faino cunha frecuencia inferior á mensual. Na actualidade, o “uso activo” destas plataformas non supera o 25%.
O 58,4% das empresas utilizan persoal interno especializado para administrar as súas redes, mentres que un 5,3% ten contratados os servizos dunha compañía externa.
Entre as Pemes que utilizan as Redes Sociais para promocionarse o 58,6% planificaron previamente a súa estratexia, e o 47,2% analiza de forma constante que resposta dá a súa audiencia. Ademais, as empresas que están nas Redes Sociais son máis competitivas e teñen unha maior presenza internacional (o 54,71%).
Para as Pemes as Redes Sociais representan unha canle de acceso aos seus clientes potenciais extremadamente útil, áxil e eficaz, cunhas barreiras de entrada significativamente baixas en termos de coñecementos e investimento de recursos.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades