A Directiva 2002/22/CE relativa ao servizo universal e dos dereitos dos usuarios en relación coas redes e os servizos de comunicacións electrónicas simplifica o cambio de provedor coa conservación do número do usuario. No artigo 30.4 establécese que “a conservación do número e a súa activación subseguinte executaranse coa maior brevidade. En calquera caso, os abonados que subscribiron un acordo para transferir o número a unha nova empresa activaráselle dito número no prazo dun día laborable”.
Esta iniciativa supón a transición cara un novo proceso de portabilidade que, dende o día 4 de xuño, pode comezar a recibir solicitudes dos usuarios. As primeiras portabilidades deberían estar executadas a partir do mércores 6 de xuño segundo informa a CMT.
España é un dos países con máis portabilidades da Unión Europea, así no 2010 houbo 4,8 millóns de cambios de operador, no 2011 arredor de 5,4 e dende o ano 2000 por riba de 27,7 millóns.
Respecto ás causas polas que os usuarios cambian de operador, as 3 máis importantes son: abaratar a factura, cambiar de móbil e insatisfacción coa calidade do servizo.
Ligazón á Directiva 2002/22/CE
Ligazón á CMT