O 41% das empresas españolas aínda non dispón de web corporativa

Logo osimga
Data
09/03/2012

O informe conta cunha metodoloxía propia, distinta das fontes estatísticas oficiais. O indicador global realízase coa media dos tres factores chave que mostran o desenvolvemento tecnolóxico. Deles, o que mostrou a maior evolución foi o ‘uso das TIC’, que obtivo 59,2 puntos sobre cen e o maior crecemento do tres factores, con 7,7 puntos máis que o ano anterior. O segundo eixo diferencial foi a taxa de ‘uso de Internet’, que alcanzou os 44,7 puntos e un incremento anual de 5,8 puntos. En último lugar estivo a taxa de ‘uso de comercio electrónico’ con 29,4 puntos, aínda que cun repunte de 6,1 puntos respecto de 2010.

Uso de móbiles

Segundo o estudo, o 84,9% das compañías españolas utilizaba terminais móbiles como ferramenta de traballo ao peche de 2011. Isto supón un aumento de dous puntos porcentuais respecto de 2010. Por sectores, as empresas que máis se serviron desta tecnoloxía foron as de ‘Construción’ e as de ‘Transporte e Comunicacións’, xa que máis do 90% dos seus traballadores utilizábaos asiduamente.

Os dispositivos máis utilizados son os móbiles básicos, cun 59,6% do mercado. Con todo, o uso dos teléfonos intelixentes ou ‘smartphones’ rexistrou un sensible aumento, dado que o 49% das empresas xa traballaba con eles. Isto equivale a un repunte de 22 puntos porcentuais con respecto a 2010. Doutra banda, o número de móbiles 3G reduciuse en 12,7 puntos porcentuais e só supuxo o 29% do total de teléfonos móbiles.

Uso de Internet nas empresas españolas

No peche de 2011, o 94,5% das empresas españolas traballaba con Internet, practicamente o dobre que fai dez anos. Con todo, o 41,7% das empresas aínda non dispuña de web corporativa.

Segundo os datos proporcionados por AMETIC o sistema de comunicación menos utilizado foi a VoIP (Voz sobre o protocolo IP). Aínda que aumentou seis puntos porcentuais respecto de 2010, só o usaba o 20% das empresas españolas o ano pasado. O 80% delas facíao a través de ordenadores e só o 26% con teléfonos móbiles.

Doutra banda, o 27,3% das empresas anunciouse en Internet, o que supón un incremento de 5,5 puntos porcentuais respecto de 2010. No entanto, o 51,4% delas utilizou o comercio electrónico para adquirir e vender produtos ou servizos, 8,5 puntos porcentuais máis que hai un ano.

O informe sinala que o 45,1% das organizacións que venderon por Internet considera que a axilidade é o maior beneficio da venda en liña, mentres que o 48,5% sinala que a comodidade é a súa principal vantaxe. Con todo, apenas o 3,2% do tecido empresarial español utilizou os terminais móbiles para efectuar compras a través de Internet, un punto porcentual máis que no 2010.

Rexistrouse un aumento do uso de computadores de catro puntos porcentuais durante o último ano até o 96,2%, o que equivale a dous puntos máis que a media dos seus socios europeos. Por diante de España (en cuarta posición) só figuraron Holanda e Finlandia, ambos cunha penetración do 98,2%, e Bélxica co 97,2%.
 
"Las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones en la empresa española 2011"

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades