O 63 % dos fogares non contempla a banda larga móbil como alternativa á fixa

O 63 % dos fogares non contempla a banda larga móbil como alternativa á fixa
Data
28/11/2011

A CMT está a efectuar un seguemento dos accesos de banda larga móbil fronte á evolución do servizo de banda larga fixa. Trátase de estudar se a suba do acceso a Internet en mobilidade podería chegar a converterse nun futuro nunha alternativa real á conexión fixa. A CMT  encargou unha enquisa para determinar, por exemplo, por que escollemos un tipo ou outro de Internet en casa.

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Segundo os datos desta enquisa, a finais de 2010, un 62,2% dos fogares españois dispuña de acceso a Internet. Destes, un 54% tiña só banda larga fixa, un 3,8% só banda larga móbil de gran pantalla e un 1,7% contaba con ambos os dous accesos a Internet. O 37,8 % dos enquisados afirmou non contar con ningún tipo de acceso a Internet. Por tanto, a banda larga móbil aínda é minoritaria entre as fórmulas de acceso a Internet.
A enquisa tamén se fixou na facturación dos servizos de Internet. Así, a grande maioría de clientes con banda larga fixa ten contratado un paquete de servizos (un 83,8%). Os clientes de banda larga móbil por outro lado, contratan en menor medida algún empaquetamento (un 21,9%).
No caso da banda larga móbil, os fogares gastan de media cada mes 33,7 euros, fronte aos 45,2 euros de media que pagan os clientes cun paquete de chamadas a teléfonos fixos nacionais e banda larga fixa.
Segundo o estudo, a velocidade de baixada media da banda larga fixa é o dobre que o da modalidade móbil. A media de baixada do acceso da banda larga fixa era de 8,4MB/s, e un 11% dos enquisados descoñecía a velocidade do seu acceso fixo. Un  36,4% dos usuarios de banda larga móbil, é dicir, máis dun terzo, non tiña idea da velocidade do seu acceso.
 Segundo a enquisa, un 62,8% dos fogares con Internet opinan que o servizo de banda larga móbil non é unha alternativa real ao servizo de banda larga fixa.

  • Só banda larga móbil: A metade destes fogares aseguran que abonda con ter un acceso móbil; un 26% dos casos manifestaban non querer contratar unha liña fixa mentres que outro 24% destacaba a mobilidade do acceso.
  • Só banda larga fixa: Estes fogares consideraban maioritariamente que o acceso móbil era moi caro, de menos velocidade e desconfiaban da cobertura.
  • Os dous accesos: Os motivos dos fogares para dispor dos dous tipos de acceso apuntan cara a usos complementarios dos mesmos: un 55,1% mencionaban que a banda larga móbil permitíalles a posibilidade de conexión en calquera lugar e un 20,5% que lles permitía conectarse na súa segunda residencia.

No referente aos hábitos de uso, a maior diferenza atópase en que os fogares teñen unha maior propensión a estar permanentemente conectados ao acceso de banda larga fixa, especialmente no caso en que o fogar ten os dous tipos de acceso.
En canto aos tipos de uso,  os fogares usan maioritariamente os dous tipos de acceso para acceder ao seu correo electrónico ou para buscar información en Internet. En cambio, para  as descargas de películas e vídeos utilízanse con máis intensidade os accesos fixos que as conexións móbiles.
Se falamos da calidade percibida do servizo polo usuario final, o acceso móbil puntúa algo por baixo do acceso fixo.
Non é a primeira vez que a CMT estuda a evolución da banda larga móbil e a potencial equivalencia deste servizo co acceso a Internet a través de ADSL ou de cable. A finais de 2008 concluíu que daquela os produtos de banda larga móbil non podían  considerarse como substitutivos dos fixos desde a óptica regulamentaria.
Nota: a banda larga móbil de gran pantalla é a que emprega un módem USB e computadores portátiles que teñan incorporada unha datacard, e non aos teléfonos con acceso a Intenet.
Informe 'Investigación sobre el grado de sustitución entre los servicios de banda ancha fija y de banda ancha móvil de gran pantalla en el segmento residencial'

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades