O estudo elaborado por infoempleo.com, coa colaboración de Adecco, recoñece que un 80% dos responsables de selección entrevistados consultou nalgunha ocasión a actividade dos candidatos nas redes sociais, pero só o 14% afirma que tivera en conta esa información para escoller finalmente ao seu empregado. Neste senso, un 20% das compañías enquisadas recoñece destinar parte do seu orzamento ao recrutamento a través das redes sociais.
Por outra banda, un 50% dos demandantes de emprego recoñece buscar traballo nas redes sociais, entre os cales un 45% afirma que nalgunha ocasión foi contratado grazas a este medio. Infoempleo afirma que o principal motivo dos enquisados para abrirse un perfil nas redes sociais é contactar e comunicarse con amigos e/ou familiares (no 88% dos casos), un 67% afirma que o fixo para atopar oportunidades de emprego e o 66% para establecer e manter contactos profesionais.
Pode consultarse o informe completo na seguinte ligazón: