O 90% dos trámites coa Administración do Estado xa se pode facer na Rede

O 90% dos trámites coa Administración do Estado xa se pode facer na Rede
Data
29/09/2011

O Consello de Ministros do Goberno de España recibiu un informe sobre o balance do desenvolvemento da Administración Electrónica e os seus retos de futuro (que o Goberno plasmará proximamente nunha estratexia cun horizonte de actuación até o ano 2015). O documento analiza a evolución destes servizos desde a aprobación da Lei de Acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, de 2007. Neste sentido, destaca o forte impulso rexistrado nos últimos anos en España, até chegar a situarse entre o dez estados do mundo máis avanzados neste ámbito, e o quinto a escala europea, segundo as últimas avaliacións realizadas pola ONU e a UE.

Normal
0

false
false
false

MicrosoftInternetExplorer4

st1\:*{behavior:url(#ieooui) }

/* Style Definitions */
table.MsoNormalTable
{mso-style-name:"Tabla normal";
mso-tstyle-rowband-size:0;
mso-tstyle-colband-size:0;
mso-style-noshow:yes;
mso-style-parent:"";
mso-padding-alt:0cm 5.4pt 0cm 5.4pt;
mso-para-margin:0cm;
mso-para-margin-bottom:.0001pt;
mso-pagination:widow-orphan;
font-size:10.0pt;
font-family:"Times New Roman";
mso-ansi-language:#0400;
mso-fareast-language:#0400;
mso-bidi-language:#0400;}

Na actualidade, máis de 2.300 procedementos e servizos da Administración Xeral do Estado están adaptados á Lei e poden realizarse xa por medios electrónicos, o que supón aproximadamente o 90% do total e un 99% da tramitación global anual. Un paso importante, segundo destaca o informe, é conseguir que as Comunidades Autónomas e as entidades locais completen a súa adaptación á normativa.
Entre os exemplos que destaca o documento está o liderado español no desenvolvemento da sinatura electrónica: a finais de 2010 habíanse expedido máis de dous millóns de certificados a persoas físicas e catrocentos mil a entidades xurídicas, aínda que o seu uso está bastante máis estendido entre as grandes empresas que entre as Pemes, autónomos e cidadáns en xeral.
Nestes momentos existen xa máis de vinte e catro millóns de DNI electrónicos coa previsión é alcanzar a toda a poboación en 2015. A Axencia Tributaria, a Dirección Xeral de Tráfico e a Seguridade Social usan xa a notificación electrónica, que, entre outras vantaxes, permite aforrar cen millóns de euros ao ano. Unha de cada dúas declaracións da Renda presentouse este ano por medios telemáticos, un 15% máis que o ano pasado, e o servizo 060 de atención ao cidadán, xa sexa nos seus portelos virtuais ou na atención telefónica, gaña actividade.
Máis usuarios entre os mozos
Segundo as últimas estatísticas de Eurostat, a relación dos cidadáns coas Administracións a través de Internet alcanzou xa a media europea, e no caso dos mozos a posición é superior. O reto é mellorar estes resultados, para o que se están levando a cabo medidas e campañas para impulsar o coñecemento e uso da Administración electrónica por parte dos cidadáns e as empresas.
A cooperación entre as distintas Administracións debe ser igualmente un elemento crave no desenvolvemento futuro da Administración Electrónica. Entre outros campos, no uso compartido das infraestruturas de comunicacións desenvolvidas polo Goberno, como a rede SARA (que conecta os ministerios, as Comunidades Autónomas, as universidades e tres mil municipios), o sistema de intercambio electrónico de datos, a pasarela de pagamentos ou o rexistro electrónico común. Con esta fin, en 2010 completouse o proceso de sinatura de convenios de colaboración con todas as Comunidades Autónomas para que poidan acceder a estas infraestruturas e continúase avanzando no caso das entidades locais.
Por outra banda, informa o Goberno, as axudas do Plan E contribuíron, ao desenvolvemento da Administración Electrónica nas Entidades Locais, con proxectos que supuxeron un esforzo orzamentario superior aos 218 millóns de euros.

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades