O 99% dos procedementos de alto impacto da Administración Xeral do Estado a finais de 2010 xa eran totalmente accesibles desde Internet

Logo osimga
Data
04/08/2011

As TIC entre os cidadáns e os fogares
No apartado de cidadáns e fogares o número total de internautas en España sitúase en 27 millóns de persoas.
O 70% de media dos fogares da UE teñen acceso a Internet fronte ao 59% dos fogares do Estado español.
O gasto medio mensual por fogar en Internet descende lixeiramente en 2010 fronte ao 2009.
O 97,1% dos fogares con conexión a Internet conéctase a través de Banda larga. En canto ao desenvolvemento do acceso a Internet móbil, o informe revela que un 20,3% dos internautas conéctanse a Internet a través do seu teléfono móbil.
Outro dos aspectos relevantes é o Comercio Electrónico, onde as vendas B2C cífranse en 9.100 millóns de euros en 2010, un 17,3% máis que o ano anterior. O volume de compradores ascende a 10,9 millóns de internautas.
O número de particulares que utilizan regularmente Internet en España (58,4%) aínda está por baixo da media UE-27 (65%) e da meta da UE marcada pola Axenda Dixital para Europa para 2.015 (75%).
Os individuos que fan pedidos de bens e servizos non alcanzan a media europea (España 24,4%-UE 27 40,4%)
Os particulares que utilizaron Internet para tratar coas AAPP atópanse a dous puntos porcentuais da converxencia europea (España 39,2%-UE27 41,2% sendo a meta para o 2015 do 50%).
O impacto das TIC na empresa
As pemes e grandes empresas -10 ou máis empregados- teñen unha dotación de infraestruturas (computador, Internet, correo electrónico e teléfono móbil) practicamente universal, con penetracións do 98,6%, 97,2%, 96,5% e 91,5% respectivamente.
O 98% das compañías (de 10 ou máis empregados) con Internet conéctanse a través de banda larga. España destaca especialmente por ocupar a primeira posición, 8 puntos por riba da media total da Unión Europea.
Despunta o uso de Internet móbil nas empresas, xa que un 36,7% das mesmas que teñen acceso a Internet dispón de banda larga móbil.
Confírmase a tendencia crecente do uso da sinatura dixital, alcanzando o 55,7% das compañías de 10 e máis empregados en 2010.
A porcentaxe de compras por comercio electrónico sobre o total de compras alcanza un 15,5%, case dous puntos por riba do ano anterior, e o peso das vendas medra ao redor de dous puntos porcentuais, situándose nun 11,5% sobre a totalidade de empresas de 10 ou máis empregados.
O 24,10% das empresas de 10 ou máis empregados realizan compras por Internet fronte ao 13,10 que realizan vendas. As compras medran a maior ritmo que as vendas e a diferenza é máis acusada canto menor é o tamaño da empresa.
En canto ás empresas de menos de 10 empregados, o 94,3% das microempresas con acceso a Internet conéctanse a través de banda larga fixa e/ou móbil.
A Administración electrónica
No ámbito da Administración Electrónica, o informe do ONTSI destaca que se chegou a máis de 23 millóns cidadáns con DNI electrónico.

Como proba do éxito da aplicación das novas tecnoloxías á Administración Pública, España atópase en novena posición no ranking mundial de desenvolvemento da e-Administración, entre os 184 países analizados nesta clasificación de Nacións Unidas.
A finais de 2010, o 99% dos procedementos de alto impacto da Administración Xeral do Estado eran totalmente accesibles en Internet.
Un feito de especial relevancia é que as empresas utilizan máis a sinatura dixital para contactar coa Administración Pública (93,5%) que cos provedores e/ou clientes (20%).
A Sociedade da Información no Mundo
A telefonía móbil medrou mundialmente un 15,5% no último ano alcanzando 78 liñas por cada 100 habitantes, cun total de 5.373 millóns de liñas. En canto a usuarios de Internet en 2010 contabilízanse 2.044 millóns de internautas no mundo, o que representa unha subida do 13,2% con respecto a 2009.
En Europa o sector do TIC é directamente responsable do 5% do conxunto do PIB, cun valor de mercado de 660.000 millóns de euros ao ano, aínda que contribúe moito máis ao crecemento da produtividade xeral. Ao mesmo tempo, aumenta a repercusión social das TIC: hai máis de 250 millóns de persoas que usan Internet en Europa a diario.
O informe anual conclúe destacando que a Sociedade da Información segue crecendo, manténdose a actitude positiva dos cidadáns cara ás tecnoloxías recoñecendo o papel que xogan na educación e no mundo laboral.
Informe completo
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades