O Observatorio Sage presenta os datos do seu estudo sobre as TIC nas pemes e autónomos

O Observatorio Sage presenta os datos do seu estudo sobre as TIC nas pemes e autónomos
Data
22/09/2014

Dende hai 5 cinco anos o Observatorio Sage presenta os datos dun estudo sobre o uso das TIC nas pemes e autónomos. Ademais do concepto utilitarista tradicional, no informe deste ano destácase o uso das TIC para a mellora das accións relacionadas cos clientes, marketing e vendas.
En canto a importancia que as empresas lle dan a tecnoloxía destacan: cada día é máis importante para o negocio (7,4); imprescindible para a xestión (7,3); e os principais beneficios son o aforro de tempo e diñeiro (7,3).  Os valores están expresados sobre unha escala de valor máximo 10.
Por outra parte, o informe constata que a presenza das empresas en Internet crece ano a ano, aínda que máis amodo do esperado. O 56% dos autónomos e o 62% das pemes contan con páxina web. Un e dos puntos, respectivamente, máis que o ano anterior.
Tampouco mellora o panorama nas vendas por Internet, así só o 37% dos autónomos e o 45% das  pemes venden pola rede, fronte ao 40% e ao 44% do ano pasado.
Polo que  se refire ás redes sociais, os datos melloran lixeiramente. A porentaxe sube ata o 41%, 2,5 puntos máis que no 2013, sendo Faceook a rede social preferida, seguida Twitter e Linkedin.
Informe
 

 
 

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades