A ONU declara o acceso a Internet como un dereito humano

Logo osimga
Data
15/06/2011

O informe da ONU, asinado polo relator especial da ONU Frank A Rue, afirma que “dado que Internet converteuse nunha ferramenta indispensable para que se materialicen varios dereitos humanos, combater a desigualdade e acelerar o desenvolvemento e o progreso humano, asegurar o acceso universal a Internet debería ser unha prioridade para todos os estados. Cada Estado debería, por iso, desenvolver unha política concreta e efectiva para que exista dispoñibilidade completa de Internet, accesible e alcanzable para todos os segmentos da poboación”.
O relator insiste en que os estados defendan a Web como parte dos Dereitos Humanos neste informe para a defensa do dereito á liberdade de expresión e de opinión.
“A natureza única e transformadora de Internet non só permite que os individuos exerzan o seu dereito á liberdade de expresión e de opinión, senón que tamén inflúe noutros Dereitos Humanos e estimula o progreso da sociedade en conxunto”.
Doutra banda, o informe móstrase contrario as medidas opresoras dalgúns gobernos que violan o dereito de acceso a Internet. Desde gobernos occidentais como Francia coa súa lei Hadopi até os países con gobernos totalitarios que aplican hoxe en día medidas restritivas ao acceso a Internet.
A ONU afirma que o acceso á web debe manterse e é especialmente valioso "en momentos políticos chave como son as eleccións, tempos de intranquilidade social ou aniversarios históricos e políticos".
Por último o informe reitera que “Internet, como medio para exercer o dereito á liberdade de expresión, só pode servir a estes propósitos se os estados asumen o seu compromiso por desenvolver políticas efectivas para lograr o acceso universal"

Subscríbete ao boletín
Mantente ao día das novidades do portal a través do noso boletín de novidades